Tejerina anuncia un “apartado específico” para autorizar a plantación de viñedos en denominacións de orixe

A ministra asegura que "haberá un apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe, para que non perdan o valor, a riqueza e a calidade".

Publicidade
Tejerina anuncia un “apartado específico” para autorizar a plantación de viñedos en denominacións de orixe

Vendima na DO Ribeira Sacra.

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio,Isabel García Tejerina, recordou que a partir do ano que vén seguirán sendo necesarias as “autorizacións administrativas” para facer plantacións de viñedos, pero ademais haberá un “apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe”.

García Tejerina fixo esas declaracións despois de manter “un encontro cos cinco presidentes das denominacións de orixe de viño en Galicia, para compartir as preocupacións e os proxectos de futuro,”.

García Tejerina recordou que “este Goberno negociou, na reforma do ano 2013”, a volta “a un sistema de control das plantacións” e unha “regulación do potencial vitivinícola, para que o sector do viño creza de xeito ordenado”.

“Se non tivésemos sido capaces de reverter a reforma” que se levou a cabo no ano 2008, “hoxe o sector do viño estaríase a enfrontar a un escenario de liberalización total e, polo tanto”, a “non poder regular axeitadamente a oferta e a demanda”, precisou a ministra.

Nese sentido, a titular de Agricultura recordou que, xa no seu momento, se negociou “un tratamento especial para as denominacións de orixe”.

De feito, “a partir do ano que vén, haberá autorizacións de plantacións” de viñedo, de modo que “se seguirán necesitando autorizacións administrativas para poder facer plantacións de viñedo, de tal maneira que o sector crecerá ordenado”.

Ademais, haberá un “apartado específico e especialmente coidadoso para as denominacións de orixe, para que non perdan o valor, a riqueza e a calidade”.

“Ao final tamén é valor para os viticultores valor para as adegas e valor para a economía de Galicia”, concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información