A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Tecnor Lalín Maquinaria, referente para a zona central de Galicia

A empresa lalinense comercializa maquinaria de New Holland e unha ampla gama de apeiros, instalacións de muxido e equipos para gando vacún

Tecnor Lalín Maquinaria, referente para a zona central de Galicia

Manuel Gómez e José Ángel López, socios fundadores de Tecnor Lalín Maquinaria.

A empresa Tecnor Lalín Maquinaria, que naceu no 1997, convertiuse nos últimos anos nun referente para o sector gandeiro na zona central de Galicia. Ubicada en Lalín, a firma dá servizo ás comarcas do Deza e Tabeirós-Montes, en Pontevedra; á zona de Arzúa-Melide na Coruña e á Ulloa-Chantada en Lugo. A súa oferta abarca toda a gama de tractores e maquinaria agrícola de New Holland, así como apeiros, equipos para gando vacún e instalacións e robots de muxido. Falamos con Manuel Gómez, que xunto a José Ángel López lidera o equipo de 22 persoas que conforman Tecnor Lalín Maquinaria.

Que destacarías da oferta de maquinaria de New Holland?
– New Holland é unha marca que ten unha gama moi ampla. Podes atopar tractores desde 20 cabalos ata 700. Por exemplo, en tractores de 100 cabalos, temos ata catro gamas distintas, o que permite responder ás necesidades e demandas de calquera profesional.

New Holland destaca pola amplitude de gama.

New Holland destaca pola amplitude de gama.

Cal cres que é o punto forte da marca?
– New Holland é un dos primeiros fabricantes mundiais de maquinaria agrícola, ten anos de traballo detrás e a marca medrou moito en calidade e en imaxe. O punto que eu destacaría, onde está a anos luz doutras marcas, é a nivel de servizos. En recambios, nas campañas hai un servizo real de 24 horas os 7 días á semana; a nós xa nos teñen chegado pezas por taxi. Cando hai calquera problema nunha máquina, dispoñemos ademais dun servizo informatizado que nos lista problemas similares que tivo ese modelo en todo o mundo, co cal, en caso de dúbidas sobre a orixe do problema, sobre todo en temas electrónicos, permíteche resolvelo con axilidade. Este tipo de cousas fan medrar á marca, hai un boca a boca que a xente vai transmitindo.

A empresa tamén oferta maquinaria de segunda man.

A empresa tamén oferta maquinaria de segunda man.

Como está a evolucionar o mercado da maquinaria agrícola?
– A día de hoxe, os nosos principais clientes son cooperativas, Cumas e empresas de servizos, que demandan maquinaria agrícola grande e de boas prestacións. O mercado para particulares baixou moito nos últimos anos, en boa medida pola situación do sector. En instalacións de muxido, en Tecnor Lalín fómonos especializando cada vez máis en gandarías grandes e profesionais.

Á hora de vender maquinaria agrícola e tractores, que cuestións lle recomendas ós profesionais que teñan en conta?
– Nós procuramos asesorar moi ben ó cliente. Cando alguén vén mercar un tractor, quero saber para que o quere, para que o vai utilizar. Cada tractor adecúase a uns usos e ás veces pode pasar que unha persoa non estea contenta cun tractor non porque o tractor sexa malo, senón porque non se axeita o que el precisa. Entón, iso é moi importante, falar coa persoa e ver que tractor pode ser o máis axeitado. Hoxe en día, pola relación de confianza que fomos xerando cos clientes, a nós veñen consultarnos incluso para compras de produtos que nós non ofertamos.

TLM 7

Que importancia lle dades ó servizo post-venda en Tecnor Lalín?
– O servizo é a nosa primeira baza. Investimos tempo e cartos en formación do persoal técnico porque é unha cuestión clave para ofrecer un bo servizo. En muxido, ofrecemos servizo de mantemento constante, con persoas en turnos de mañá e de tarde, con gardas de fins de semana e con atención 24 horas en caso de avarías. Cando comezamos, no 1997, o noso éxito foi poñer un teléfono móbil para reparacións de muxido en fins de semana, que hoxe é algo normal, pero daquela foi novidoso.

“Investimos tempo e cartos na formación do persoal porque é unha cuestión clave para ofrecer un bo servizo”

En maquinaria, temos un servizo non de 24 horas pero case porque en campaña, xa temos estado máis dunha vez ás 12 da noite reparando unha máquina nun prado. En fin de semana tamén hai un servizo de guardia. Traballamos moito con carros e mezcladores autopropulsados.

Ampla oferta

Tecnor Lalín Maquinaria (TLM) naceu no ano 1997 para a venda de equipos de muxido e de frío. Cos anos, foi incorporando novos produtos a súa oferta e no 2003 comezou a traballar con maquinaria agrícola. A empresa é hoxe en día concesionario oficial de New Holland, marca centrada nos tractores e nas colleitadoras de forraxe, e de Kuhn Ibérica, coa que traballa todo tipo de apeiros (arados, segadoras, etc.) e carros mesturadores. TLM é ademais representante do grupo Gea, en maquinaria de muxido, e de Jourdain, en instalacións para vacún. Tamén é importadora da marca de instalacións de limpeza Prinzing.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *