Suspendida cautelarmente a fabricación de lácteos en Casa Macán por incumprimentos sanitarios

A Administración detectou nunha inspección problemas que “impiden garantir a seguridade dos produtos elaborados” na factoría lucense, se ben tamén precisa que non existe en España ningún caso nos consumidores asociado a esta alerta

Suspendida cautelarmente a fabricación de lácteos en Casa Macán por incumprimentos sanitarios

Queixos de Casa Macán.

A Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (Aesan) vén de anunciar que a Xunta de Galicia procedeu a suspender cautelarmente a fabricación de produtos lácteos en Casa Macán (Taboada, Lugo) tras detectar “incumprimentos graves que non permiten garantir a seguridade dos produtos elaborados”.

Estos produtos están sendo retirados dos puntos de venda e recoméndaselle ós consumidores que, no caso de telos na casa, se absteñan de consumilos e procedan a devolvelos ó establecemento onde os mercaron. En calquera caso, segundo a información dispoñible pola Agencia, non existe entre os consumidores ningún caso asociado a esta alerta.

Como consecuencia do control oficial realizado pola Xunta, suspendéronse na industria tódalas actividades e ordenouse a retirada de tódolos produtos elaborados. Están afectados por esta alerta os seguintes lácteos da firma lucense: manteca cocida de vaca, queixos da DO Arzúa Ulloa e Tetilla, queixo galego en lonchas e queixo barra Costeño.

Polos datos que ten a Agencia, son produtos que foron comercializados en Galicia, Castilla La Mancha y Cataluña. A alerta foi transmitida pola Administración a tódalas comunidades autónomas para que procedan á retirada dos produtos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información