Subas en vacún maior e baixadas en becerros de abasto en Amio

A Mesa de Prezos de Abasto acordou hoxe en Amio subas de 5 céntimos no vacún maior, nas clasificacións P e O3, O2 e O1. En becerros de abasto, en cambio, a tendencia é descendente. Baixaron 10 céntimos os prezos nos treitos de peso de ata os 180 quilos (clasificacións R e O) e de 221 a 250 quilos (clasificación R). O gando de recría repite as cotizacións da pasada semana.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP tamén acorda manter as cotizacións igual que na anterior sesión en todas as categorías e calidades da carne.

En canto á feira de hoxe, a asistencia de gando foi de 2.220 reses, 45 máis que a pasada semana. Entraron no recinto 1.639 cabezas de vacún menor, 307 de vacún mediano e 256 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa de prezos de Amio (8-III-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información