Logo dun par de meses de estabilidade, as mesas de prezos de Amio acordaron na sesión de hoxe subas en Ternera Gallega Suprema e becerros de abasto. Tal e como se pronosticaba na anterior sesión, a mellora meteorolóxica está a animar a alza das cotizacións da carne de vacún.
Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, decidiuse por maioría dos votos subir 3 céntimos os prezos de todas as categorías e calidades en Suprema, mantendo sen cambios as cotizacións da Ternera Gallega convencional.
Os vogais da Mesa de Prezos de gando de abasto apostaron por repetir cotizacións en vacún maior e recría, pero tamén aplicaron subas en becerros de abasto, que melloraron 10 céntimos nas canais S, E e U de canais de ata 220 quilos de peso.
A asistencia de gando ó mercado na sesión de hoxe foi de 2.091 reses, 338 menos que a pasada semana. Houbo 1.677 cabezas de vacún menor (197 menos), 224 de vacún mediano (33 menos) e 172 de vacún grande (92 menos).
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (20-VI-2018).