Subas en Amio na recría de rubia galega e cruce

As mesas de prezos elevan 10 euros as cotizacións das categorías extra e boa dos animais descostrados e lactantes. Axuste á alza dos becerros de abasto

As cotizacións en Amio experimentaron esta semana un repunte nos animais de recría de cruce e de rubia galega. A Mesa de Prezos de Abasto acordou unha suba de 10 euros nos machos e femias descostrados e lactantes de rubia galega e de cruce nas categorías extra e boa. O resto de vacún de recría mantén os valores da pasada semana. En becerros de abasto, por razóns de axuste técnico houbo subas na clasificación U no peso de 221 a 250 quilos. Os restantes prezos de abasto, incluído o vacún maior, continúan sen cambios.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por maioría de votos a continuidade das cotizacións de todas as categorías e calidades.

En canto á asistencia de gando á feira, esta semana entraron 2.205 reses, 158 menos que na anterior sesión. Houbo 1.689 cabezas de vacún menor, 246 de vacún mediano e 246 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (16-XI-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información