Suba do prezo dos produtos lácteos na última semana de abril

LACTEOS_INTERNACIONAIS_ABRIL_18A manteiga volve cotizar á alza nos mercados internacionais, especialmente na Unión Europea. Así se recolle no informe publicado hoxe polo Observatorio do Sector Lácteo da UE e no que se informa das últimas cotizacións das “commodities” lácteas (manteiga, queixo, e leite en pó) a nivel internacional.

Así, as cotizacións desta última semana de abril supuxeron unha suba do 5,8% do prezo da manteiga na UE, que se sitúa en 5,27 euros o quilo, un 5,8% máis que a mediados de abril e un 38% máis que no mesmo mes de 2017. En Oceanía e en Estados Unidos a tendencia desta última semana do mes tamén foi alcista para este produto, con subas do 2,7 e 1,2%, respectivamente, e a nivel internanual do 10 e do 9%.

O outro gran produto lácteo dos mercados internacionais, o leite en poo enteiro (WMP), tamén subiu nesta última semana: un 2,7% na Unión Europea, un 0,8% en Oceanía (Nova Zelanda e Australia) e un 1,7% en Estados Unidos. A nivel interanual tamén se notou certa recuperación nos principais países produtores, cunha suba do 11%, 8% e 2%.

A ovella negra do mercado lácteo, o leite en poo desnatado (SMP) tamén subiu na última semana de abril, aínda que segue en prezos historicamente moi baixos, especialmente na Unión Europea, cun stock dunhas 375.000 toneladas, principalmente polas políticas de compras públicas durante a crise de prezos de 2015 e 2016. Na última semana de abril os prezos subiron un 4,1% na UE, un 2% en Oceanía e un 9,5% en Estados Unidos. Sen embargo, se comparamos os datos cos do mesmo mes de hai un ano, a tendencia é claramente de baixada de prezos: unha caída do 10% en Europea, do 4% en Australia e Nova Zelandia e do 10% en Estados Unidos.

E polo que respecta ao queixo Cheddar. abril remata tamén cunha suba de prezos, especialmente destacado en Estados Unidos (un 4% máis), seguido de Oceanía (+3,4%) e a UE (+2,7%). A comparativa interanual tamén é positiva para este produto, con subas do 12% en Europa, do 11% en Oceanía e do 6% en Estados Unidos.

LEITE_EN_PO_DESNATADO_ABRIL_18 MANTEIGA_ABRIL_18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información