Suba do gando vacún en Silleda, con récord histórico no prezo medio dos becerros carniceiros

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia experimentaron unha suba xeral no gando vacún. Sen cambios no porcino e baixada do leitóns e dos ovos.

Suba do gando vacún en Silleda, con récord histórico no prezo medio dos becerros carniceiros

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/Abanca experimentaron unha suba xeral no gando vacún, sobre todo na categoría de becerros carniceiros, que acadaron hoxe un récord histórico no prezo medio: 884,17€ por animal, superando a anterior marca, de 860,10€ que acadara o 11 de xullo de 2017. Sen cambios no prezo do porco cebado e baixada dos leitóns e dos ovos.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa subiron en todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización media foi de 146 euros por xato, 14 máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén subiron ata unha media de 181 euros por xato, fronte aos 164 do pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días acadouse un prezo medio de 222 euros, 18 máis que a pasada semana.

A tendencia á alza foi similar nos becerros de Cruzamento industrial, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos baixaron ata os 307 euros, fronte aos 320 da pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu lixeiramente ata unha media de 339 euros por animal, 2 máis que a pasada semana. Nas femias houbo unha suba máis clara: unha cotización media de 255 euros por animal, 30 máis que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos tamén foron á alza: 496 euros, fronte aos 397 do pasado martes. Nas femias a suba tamén foi contundente: 348 euros de media por animal, fronte aos 288 da pasada semana.

Becerros carniceiros

Nos becerros carniceiros a cotización media foi de 884 euros, fronte aos 775 do pasado martes. Por categorías, os de raza Frisona pagáronse de media a 621 euros por animal, por debaixo dos 642 do pasado martes. Os de cruce foron os que tiraron dos prezos para arriba: unha media de 940 nos machos e de 827 nas femias, moi por riba dos 851 e 697 euros por animal da pasada semana. E nos de raza Rubia Galega nos machos acadouse un prezo medio de 926 euros, algo por debaixo dos 929 do pasado martes, e de 899 nas femias, que si subiron con respecto aos 697 da pasada semana.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha suba de prezos, agás na categoría primeira. Deste xeito, quedaron en 1.067 euros de media en categoría primeira, 718 en segunda -a máis numerosa- e 464 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.084, 710 e 457 euros, respectivamente.

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_MAIO_18_4

Sen cambios no porco cebado e baixada nos leitóns e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos baixaron as cotizacións en todas as categorías, agás na XL, que se mantivo nos 1,47 euros a ducia. O resto baixan 0,02 euros a ducia, quedando a L en 1,18 euros, a M en 1,08 euros e a S cotizouse a 0,93 euros a ducia.

As galiñas de desvelle mantéñense sen cambios nun intervalo de entre 0,09 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello segue sen cambios nos 1,60 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. E a categoría de desvelle segue quedando nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións subiron esta semana 0,05 euros o quilo, ata nunha media de 1,420 euros/kg. No resto dos mercados europeos a tendencia foi a unha lixeira suba ou á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse baixar unha semana máis as cotizacións, desta vez 2 euros por animal, quedando nos 43 euros os procedentes de varias explotacións e nos 48 euros os procedentes dunha única explotación.

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_MAIO_18_4

Aviso importante.

A Central Agropecuaria de Galicia/Abanca informa de que debido á celebración da feira Abanca Semana Verde suspéndense os mercados dos martes 5  e  12 de xuño.

Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 12 de xuño. Recepción de animais a partir das 21 h. da tarde do luns 11.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información