Suba dos prezos dos becerros de recría e baixada do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola suba dos prezos dos becerros de recría e a lixeira caída do vacún maior. Suba dos ovos e baixa o porco cebado.

Suba dos prezos dos becerros de recría e baixada do vacún maior en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola suba dos prezos dos becerros de recría e polo descenso no prezo do vacún maio. Os ovos soben mentres que baixa o porco cebado e os leitóns seguen sen cambios.

En concreto, en gando vacún os becerros de raza Frisoa subiron na categoría máis importante e baixaron nas outras dúas. Así, na de menos de 20 días a cotización media situouse en 108 euros por xato, tres menos que na poxa da pasada semana. Sen embargo, na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, subiron os prezos até os 135 euros por animal, 4 máis que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días foi onde máis baixou a cotización, quedando nun prezo medio de 140 euros, fronte aos 161 da última poxa.

En canto aos tenreiros de Cruzamento industrial a tendencia xeral foi a unha suba de prezos, pero tamén con algunhas excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron até os 312 euros, 51 máis que o pasado martes. Nas femias tamén houbo subida: 155 euros de media fronte aos 149 do semana anterior. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu levemente até unha media de 325 euros por animal, 2 máis que a pasada semana, mentres que nas femias a subida foi máis clara: 213 euros de media fronte aos 177 euros da pasada semana. A excepción foi nos xatos de máis de 51 días, onde os prezos nos machos caeron até os 364 euros, fronte aos 430 do anterior mercado. Nas femias os prezos mantivéronse case sen cambios nos 299 euros por animal.

En canto aos becerros carniceiros de cruzamento industrial, a raza máis representativa do mercado de Silleda, esta semana baixaron as cotizacións nos machos, onde a media foi de 733 euros por animal e 749 euros nas femias, fronte aos 824 e 672 euros, respectivamente, da pasada semana.

Polo que respecta ao vacún maior, baixaron os prezos en todas as categorías, agás na primeira. Deste xeito, quedaron en 1.107 euros de media en categoría primeira, 724 en segunda -a máis numerosa- e 443 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.097, 731 e 455 euros, respectivamente.

SILLEDA_PORCINO_18_9_4

Baixada no porco cebado, suba nos ovos e sen cambios nos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos subiron 0,02 euros nas categorías XL e L, que quedan en 1,65 e 1,22 euros a ducia, respectivamente. A M subiu 0,01 euros ata os 0,96 euros mentres que a S mantense nos 0,81 euros a ducia.

Na Lonxa de Madrid o coello segue sen cambios nos 1,95 euros o quilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou baixar de novo os prezos: un 0,03 nas categorías Selecta e a Normal, de forma que o quilo queda en 1,170 e 1,145 euros , respectivamente; a Canle II baixo 0,039 euros e queda en 1,487euros por quilo. E na categoría de desvelle a baixada é de 0,03 euros, quedando o intervalo entre 0,54 e 0,60 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron 0,04 euros esta semana, quedando nunha media de 1,400 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións sen cambios, quedando nos 32 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 37 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_VACUN_18_9_4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información