Suba dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos de ovos e porcino non houbo cambios. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 5 de abril

Suba dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial e especialmente nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira suba de prezos.

A excepción foi nos tenreiros de Frisoa de menos de 20 días, onde os machos pagáronse a unha media de 85 euros, fronte aos 102 pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 126 euros por xato, seis máis que a semana pasada. Pola contra, nos tenreiros de máis de 51 días houbo unha baixada: 129 euros de media por animal fronte aos 137 do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruce industrial a tendencia foi tamén á alza en todas as categorías. Nos xatos de menos de 20 días os prezos medios foron de 252 euros de media por animal fronte aos 199 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 329 euros, fronte aos 310 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días tamén houbo suba de prezos: 436 euros fronte aos 413 da anterior sesión.

No vacún maior a tendencia xeral foi tamén a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.089 euros de media en categoría primeira, 725 en segunda -a máis numerosa- e 447 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.110, 719 e 425 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_5_MARZO_16

Ovos sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: a categoría XL quedou en 1,17 euros; a L nos 1,11 euros por ducia; a M quedou en 1,08 euros e o prezo para a S fixouse nos 0,95 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,50 €/quilo.

Sen cambios no porco cebado e nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos da pasada semana: 0,950 euros por kilo para a categoría Selecta; 0,955 para a Normal e 1,201 euros por kilo para a Canal II.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos baixaron un 0,03% ata os 1,28 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos despois de varias semanas de baixadas consecutivas. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_PORCINO_SILLEDA_5_MARZO_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información