Suba dos becerros de recría de Frisona en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e a dos ovos e subir a dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 13 de decembro

Suba dos becerros de recría de Frisona en Silleda

Lonxa de Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola pequena suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón e pola lixeira baixada nos de Cruce industrial, mentres que no vacún maior a tendencia foi a unha leve suba. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado e a dos ovos, e subir unha semana máis a dos leitóns. A carne de coello baixou na Lonxa de Madrid ata os 1,70 euros o kilo.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi á alza. A excepción foi a categoría dos de menos de 20 días, onde a cotización media foi de 88 euros, fronte aos 101 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media subiu ata 119 euros por xato, tres máis que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén subiron: unha media de 135 euros fronte aos 128 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron máis ben á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 323 euros, fronte aos 360 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 386 euros, fronte aos 391 da última poxa. Nas femias tamén houbo baixada de prezos: 270 euros de media, fronte aos 278 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou ata os 448 euros, fronte aos 479 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi a unha leve suba. Deste xeito, quedaron en 1.074 euros de media en categoría primeira, 694 en segunda -a máis numerosa- e 412 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.061, 689 e 406 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_13_12_16_vacun

Ovos sen cambios e coello á baixa
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter prezos en todas as categorías. Así, na XL quedou a ducia nos 1,45 euros, na L en 1,41, en 1,33 na M e en 1,10 euros na S.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha baixada do 0,15% ata quedar o kilo en 1,70 euros.

Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo. Na categoría de desvelle mantense o intervalo de prezos entre 0,76 e 0,82 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron un 0,03% ata os 1,620 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén a unha lixeira subida.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións unha semana máis un 1%, quedando nos 45 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 50 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_13_12_16_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información