Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda e baixada dos de cruce e do vacún maior

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos dos becerros de Frisón e pola baixada do vacún maior e, en menor medida, dos becerros de recría de cruce. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e baixada dos ovos

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda e baixada dos de cruce e do vacún maior

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos dos becerros de Frisón e pola baixada do vacún maior e, en menor medida, dos becerros de recría de cruce. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e baixada dos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en todas as categorías. Deste xeito, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo subiu ata os 135 euros por xato, 8 máis que a pasada semana. Nos becerros de menos de 20 días o prezo medio tamén subiu ata os 116 euros de media por animal, 4 máis que o pasado martes. E na categoría de máis de 50 días o prezo medio foi de 166 euros por animal, fronte aos 147 do pasado martes.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á baixada. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 325 euros, 20 menos ca na sesión anterior. Nas femias, baixaron 16 euros de media quedando nun promedio de 208 euros por becerra. A excepción foi nos xatos máis novos, con menos de 20 días, onde o prezo medio nos machos subiu ata os 252 euros por animal, fronte aos 243 da última poxa. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos tamén se revalorizaron e cotizáronse a unha media de 464 euros por animal, fronte aos 415 da sesión anterior. As femias tamén subiron ata os 311 euros de media, fronte aos 265 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, remontando ata unha media de 887 euros por animal, 70 máis que a semana pasada. As femias tamén subiron de prezo ata os 813 euros de media, fronte aos 746 do pasado martes.

Baixada no vacún maior

No que atinxe ó vacún maior, houbo baixada de prezo en todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron en 713 euros por animal, 26 menos que o martes pasado. Na categoría de desvelle quedaron nunha media de 470 euros por animal, fronte aos 496 da semana pasada. E nas vacas de primeira os prezos baixaron ata os 1103 euros de media, 20 menos que na anterior poxa.

silleda_19_05_1_vacun

Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e baixada nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os mesmos prezos en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedan nos 1,410 e 1,385 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II mantense nos 1,799 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle tamén queda sen cambios nun intervalo de entre 0,70 e 0,76 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 65,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 70,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,275 e 3,525 euros respectivamente.

No referido ós ovos, a mesa de prezos acordou unha baixada xeral das cotizacións. Así a categoría XL baixa 0,05 euros e queda nos 1,35 euros a ducia; a L cae 0,04 euros e queda nos 1,02 euros, mentres que as categoría M e S experimentan unha baixada de 0,03 euros, polo que quedan nos 0,98 e 0,83 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense nun intervalo de entre 0,13 e 0,21 euros o quilo.

Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.

silleda_19_05_1_ovino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información