Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado, así como a dos leitóns e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 8 de novembro

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón e pola lixeira baixada nos de cruce, mentres que no vacún maior a tendencia foi a unha pequena suba dos prezos. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado, leitóns e ovos. A carne de coello subiu en Madrid un 0,1%.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á alza. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media subiu e foi de 126 euros, fronte aos 106 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 132 euros por xato, dez máis que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén subiron, aínda que menos: unha media de 152 euros fronte aos 149 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron lixeiramente á baixa. Desta forma, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 301 euros, tres menos que as da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata os 340 euros, oito menos que na última poxa. Nas femias, pola contra, houbo suba: 281 euros de media, fronte aos 260 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 463 euros, fronte aos 423 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi tamén a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.084 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 405 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.058, 709 e 397 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_poxa_novembro_2_16

Ovos sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasa semana: na categoría XL 1,38 euros a ducia, 1,26 euros para a categoría L, 1,17 euros para a M e 0,98 euros a ducia na categoría S.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse subir un 0,10% as cotizacións ata os 1,90 euros o kilo.

Estabilidade no porco cebado e nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo, e na categoría de desvelle o intervalo de prezos mantense sen cambios entre 0,71 e 0,77 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,520 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade ou a unha lixeira baixada.

En canto aos leitóns, acordouse tamén manter as cotizacións nos 40 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 45 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_poxa_novembro_2_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información