Suba dos becerros de recría de Frisón e e baixada dos de Cruce en Silleda

Os becerros de recría de Cruce e o vacún maior experimentaron unha leve caída este martes en Silleda, mentres que subiron os de recría de Frisón. Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 2 de xaneiro

Suba dos becerros de recría de Frisón e e baixada dos de Cruce en Silleda

A primeira xornada do 2018 da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría de Frisón e pola baixada dos de Cruce, así como do vacún maior. Ovos e porco cebado permanecen sen cambios mentres que soben os bacoriños.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, a cotización subiu ata os 107 euros por xato, 38 máis que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 132 euros por xato, fronte aos 99 euros de media da pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 138 euros de media, dez menos que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi claramente á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 332 euros, fronte aos 415 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu tamén ata os 374 euros de media, once menos que o pasado martes. Por último, nos xatos de máis de 51 días os prezos subiron nos machos ata unha media de 503 euros por animal, fronte aos 466 euros de media da última poxa.

Baixada do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha baixada en todas as categorías agás no desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.077 euros de media en categoría primeira, 677 en segunda -a máis numerosa- e 480 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.080, 707 e 438 euros, respectivamente.

SILLEDA_vacun_XANEIRO_18_1

Sen cambios en porcino e nos ovos e suba dos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana. Así, nas categorías XL e S, que quedaron en 1,87 e 1,39 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse quedou a ducia en 1,81 e 1,71 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantívose sen cambios nos 1,75 euros o quilo

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado mantívose esta semana nos 1,370 euros o quilo, unha tendencia á baixa que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse tras case dous meses sen cambios, subir 2 euros as cotizacións, ata os 42 euros para os procedentes de varias explotacións e os 47 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información