Soben os becerros de recría e o vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos do vacún maior e dos becerros de recría. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e sen cambios nos ovos

Soben os becerros de recría e o vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia/Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos do vacún maior e dos becerros de recría. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e sen cambios nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en todas as categorías. Deste xeito, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo subiu ata os 126 euros por xato, 9 máis que a pasada semana. Nos becerros de menos de 20 días o prezo tamén subiu ata os 107 euros de media por animal, fronte aos 89 da anterior poxa. Suba tamén na categoría de máis de 50 días, cun prezo medio de 153 euros por animal, 10 máis que o pasado martes.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi tamén á alza. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 343 euros, 9 máis ca na sesión anterior. Nas femias, sen embargo, non houbo cambios, quedando nunha media de 228 euros por becerra. En canto ao xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos remontou ata os 309 euros, fronte ós 268 euros que se pagaron na última poxa. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos tamén se encareceron e cotizáronse a unha media de 457 euros por animal, fronte aos 432 da sesión anterior, unha tendencia positiva que se repetiu nas femias, cun prezo medio de 371 euros por becerra, fronte aos 310 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, acadando unha media de 873 euros por animal, moi por riba dos 705 da semana pasada. As femias, pola contra, baixaron ata os 705 euros de media, 91 menos que a pasada semana.

No que atinxe ó vacún maior, houbo subas de prezo en case todas as categorías, agás na de primeira. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 751 euros por animal, 4 máis que o martes pasado. Tamén houbo incremento de prezos na categoría de desvelle, quedando nunha media de 473 euros por animal, fronte aos 459 da semana pasada. A excepción foron as vacas de primeira, nas que a media baixou ata os 1095 euros, 28 menos que na anterior poxa.

SILLEDA_19_04_03_vacun

Subas do porco cebado e nos leitóns e sen cambios nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,03 euros, quedando nos 1,390 e 1,365 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,038 euros ata quedar nos 1,773 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle sobe 0,02 euros, quedando nun intervalo de entre 0,70 e 0,76 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba, neste caso de 0,5 euros. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 65 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 70 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,25 e 3,50 euros respectivamente.

No referido ós ovos, non houbo cambios. Así a categoría XL mantense nos 1,40 euros a ducia, e as categorías, L, M e S quedan nos 1,06, 1,01 e 0,86 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle baixa 0,01 euros e queda nun intervalo de entre 0,13 e 0,21 euros o quilo.

Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.

SILLEDA_19_04_03_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información