Sobe medio céntimo o prezo do leite

Por primeira vez no que vai de ano, baixan as entregas de leite en relación ó mesmo mes do ano anterior, se ben en Galicia mantense o crecemento

Sobe medio céntimo o prezo do leite

O último informe mensual do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) reflicte unha suba do prezo medio do leite en toda España, que no caso galego foi de medio céntimo, pasando de 30,3 céntimos a 30,8 céntimos de media no leite entregado en setembro. A media estatal sitúase nos 31,7 céntimos (+0,3), en tanto comunidades veciñas como Castilla y León están en 31,8 e Asturias en 33,8. Galicia continúa á cola da España peninsular en prezos, só por diante de Cantabria (30,6).

En entregas, este mes caíron por primeira vez no que vai de ano no conxunto de España. Foron un 0,9% menores en relación á produción de setembro do pasado ano, se ben Galicia mantén o aumento das entregas, que foron un 2% superiores ó mesmo mes do 2017.

No acumulado do ano, a produción española está un 2,1% por riba da do pasado exercicio.

En calidades, Galicia segue en cabeza na España peninsular en materia graxa, cun 3,7% polo 3,61 de media en España. En proteína, a comunidade sitúase na media estatal, cun 3,24%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información