A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Sergal: unha empresa galega á vangarda en España na loita contra as pragas

Sergal é unha empresa do Barco de Valdeorras (Ourense) especializada no control de pragas en instalacións gandeiras, fábricas de pensos e industria alimentaria. Foi a primeira en España en lograr a certificación de calidade europea para xestión de pragas e agora amplía a súa actividade á aplicación de fitosanitarios en viñedos.

Sergal: unha empresa galega á vangarda en España na loita contra as pragas

Controlando as pragas nunha fábrica de pensos.

Sergal SL é unha empresa situada nunha das comarcas de Galicia con menor gandería de Galicia, a de Valdeorras, pero que a día de hoxe situouse como un referente en España na loita contra as pragas en instalacións gandeiras e industrias agroalimentarias.

“Creamos a empresa no ano 2006 para dar resposta ás crecentes esixencias legais da Comisión Europea ás fábricas de pensos no relativo á desinfección de penso, de materias primas e de instalacións e logo fomos ampliando servizos , baseándonos sempre en seguridade alimentaria”, explica José Antonio Quiroga, fundador e director xente desta empresa.

O seu sistema de traballo, avalado por numerosas certificacións, permítelle que entre a súa carteira de clientes se atopen referentes no sector como Aira, Os Irmandiños, Feiraco ou Xuncoga. Pero a súa actividade de control de pragas foi medrando ao longo destes anos ampliándose a outras áreas como industrias alimentarias, instalacións gandeiras e mesmo a residencias de persoas maiores, garderias infantís, colexios, administración e centros sociais.

“A calquera persoa que teña un problema cunha praga ofrecémoslle unha solución, sexa en calquera punto de Galicia ou tamén en León, onde vimos de empezar a traballar”, destaca José Antonio.

A súa carta de servizos axústase ás necesidades dos clientes. Así, por unha parte Sergal conta cunha división de implementación e mantemento de manuais de APPCC´s (Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos) e, por outra, a división de control de pragas, na que tamén se ofrece un servizo de análise de augas, superficies e alimentos.

Servizo de control de pragas para ganderías e fábricas de pensos

En fábricas de pensos, por exemplo, realizan un servizo de control de pragas, sendo un dos máis demandados o tratamento contra o gurgullo. En gandería,
realizan tratamentos contra as moscas,  instalación e mantemento de equipos de dosificación de cloro para a auga, así como de equipos de aditivos para carros mesturadores ou limpeza e desinfección de granxas.

Pero sen dúbida o que máis lle demandan as ganderías, sexan de vacún, de porcino ou de avicultura, son os tratamentos de desratización.

“A veces os gandeiros non teñen os coñecementos, pero sobre todo o tempo, para facer estes traballos de forma profesional e dende Sergal o que lle ofrecemos é un aforro de tempo, cubrir toda a documentación e a garantía de que o traballo realizarase correctamente, moi importante en caso dunha inspección”, subliña José Antonio.

Ademais, lembra que no caso do control de roedores, sobre todo de ratas, “non estamos a falar só de evitar perdas económicas por roturas de sacos de pensos, e mesmo do cableado eléctrico, como ten acontecido no caso das salas de muxido, senón tamén de evitar un problema sanitario, pois as ratas son transmisoras de enfermidades, e, por que non dicilo, tamén por unha cuestión de imaxe, pois non é nada positivo que veña unha visita á nosa explotación e que vexa ratas por alí”.

“As ratas nas ganderías son un problema grave”

“O prezo do servizo para unha gandería depende da situación da infestación en cada caso, pero sempre é un gasto asumible. Como me dicía un día un gandeiro: Eu poñendo veleno, tiña ratas, estaba gastando máis ou menos o que me cobrades e aínda por riba tiña que traballar eu”, destaca o director de Sergal.

No caso das industrias alimentarias (queixerías, fábricas de embutidos, matadoiros..etc) a parte de control de roedores, os servizos que máis lle demandan a Sergal son a erradicación das cascudas e control de moscas. “E na industria hoteleira o principal problema ao que nos enfrontamos é o chinche da cama”, asegura José Antonio.

Protocolo: “Non cobramos se non se controla a praga”

¿E como é o protocolo que empregan en Sergal para actuar ante unha praga? Primeiro identificación da praga, e en función do tipo de especie, das súas características e do ciclo biolóxico determínase como actuar. Neste sentido, elabórase un estudo, analizando o entorno e presentan un plan de acción ao cliente. E se o acepta execútase, realizando polo xeral un tratamento de choque en primeiro lugar, para reducir a praga a practicamente cero, e a partir de aí realizar un plan de mantemento.

E cal foi a situación máis difícil á que se enfrontaron en Sergal?: “Pois o máis complicado que nos saíu, pola súa dimensión, foi cascudas nunha casa dunha persoa que padecía síndtrome de Dióxenes. Os armarios por dentro estaban completamente cheos de feces de cascudas”, recoñece José Antonio.

A primeira empresa en España en contar coa certificación europea EQA – CEPA Certified

Un dos grandes valores diferenciais de Sergal, e así o recoñecen os seus clientes, é o feito de contar coas máximas certificacións de calidade no sector das empresas de control de pragas.

Así, a parte da norma ISO 9001 de calidade, contan tamén coa ISO14001 de protección do medioambiente e e coa ISO 22000, de seguridade alimentaria, que lle garante aos clientes que durante os procesos de control de pragas non van ter contaminacións cruzadas.

“Pero queríamos ir máis alá para certificar todos os procesos de Sergal, polo que incluímos unha certificación de seguridade e protección no entorno laboral OHSAS 18001  seguridade e Saúde Laboral, porque queremos que os nosos traballadores teñan formación e seguridade no desempeño das súas funcións, evitando tamén así problemas para os nosos clientes”, subliña José Antonio.

“Este mes de outubro tamén terán unha certificación de responsabilidade social e empresarial”

O último paso dérono o pasado ano 2016, cando foron a primeira empresa de España e a cuarta a nivel europeo en implantar a nova certificación europea para empresas de control de pragas, a CEPA Certified, que substitúe á norma UNE 16636.

Pero a aposta de Sergal por ser unha empresa de referencia en canto a calidade no sector non se detén aí. “ Estamos implementando unha norma de responsabilidade social e empresarial, porque a parte de estar comprometidos coa protección dos nosos clientes, dos nosos traballadores e do medioambiente, tamén queremos ser un compromiso para o desenvolvemento do noso entorno social, e neste mes de outubro xa a teremos certificada”, destaca José Antonio Quiroga.

Desinfección de silo.

“Ofrecemos un servizo de aplicación de produtos fitosanitarios en viñedo”

Unha das novas áreas de traballo de Sergal é un servizo de aplicación de produtos fitosanitarios en viñedo, que de momento están a realizar prioritariamente na Denominación de Orixe Valdeorras, pero que tamén teñen previsto ampliar ás DO´s Ribeira Sacra e Ribeiro.

A necesidade deste servizo para Sergal é evidente: “Estamos vendo na viticultura estase producindo o avellentamento da poboación, o que unido ao minifundismo, fai que a moitas explotacións vitícolas non lles compense mercar todos os equipos para facer tratamentos. E se ademais engadimos que hoxe para aplicar un tratamento de sulfato nunha finca hai que ter un carné e levar un caderno de explotación, a moita xente compénsalle subcontratar a unha empresa para realizar ese servizo”, conclúe José Antonio Quiroga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *