Sen cambios nas cotizacións de Amio tralo Nadal

Sen cambios nas cotizacións de Amio tralo Nadal

Mercado de Amio.

O Mercado de Amio (Santiago) retomou este mércores a actividade cunha notable afluencia de gando, derivada da supresión de varios mercados durante as pasadas semanas, ó coincidir coas celebracións do Nadal. Ademais, o último mercado do ano, celebrado de xeito excepcional o luns 30 de decembro, rexistrou unha mínima asistencia, o que fixo que nesta sesión se incrementase notablemente a afluencia en comparación con dita feira.

Na sesión deste mércores contabilizáronse 2.608 reses, 2.439 máis que no último mercado. Houbo 2.273 cabezas de vacún menor (2.264 máis que na feira pasada), 181 de vacún mediano (101 máis) e 146 de vacún grande (66 reses máis).

O carácter atípico desta feira motivou que as dúas Mesas de Prezos, que cada semana se convocan no recinto, decidiran manter os prezos sen variacións con respecto da última sesión en tódalas categorías e calidades do gando vacún.

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (08-I-2020).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información