A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seminarios sobre o software de xestión de explotacións Uniform- Repro

Seminarios sobre o software de xestión de explotacións Uniform- Repro

Reunión organizada polo equipo de Uniform-Agri. / Arquivo.

Uniform-Agri España programou este ano un calendario de reunións cos seus usuarios para amosarlles os avances que se desenvolveron na nova versión do programa Uniform – Repro, orientado á xestión de explotacións lácteas. De xeito paralelo, haberá xuntanzas informativas para explicarlle as características do software ós profesionais do sector que estean interesados en coñecelo.

Os encontros programados por Uniform-Agri España comezan este mes en Asturias e Galicia e prolongaranse ata abril por distintas localizacións da península.

Os avances do software Uniform – Repro que se lle trasladarán ós usuarios inclúen a incorporación de informes moi utilizados en ReproGTV, como a estatística resumo, os cartóns reprodutivos ou o informe do estado da explotación, así como melloras en funcións para a xestión reprodutiva e de saúde do rabaño, xenerando novos filtros e opcións de análise.

Perfeccionáronse ademais ferramentas para a comunicación con organismos en cuestións como control leiteiro, calificacións, rexistros, libro de movemento ou libro de tratamento. Tamén se facilita a comunicación entre usuarios Uniform (explotacións e consultores) e implementáronse melloras a partir das suxerencias dos usuarios.

Charlas informativas abertas

Tras as reunións cos seus usuarios, Uniform – Agri programou charlas informativas abertas para os profesionais do sector que estean interesados en coñecer o software e as novidades da versión 5.3, que será lanzada este ano. As datas e localizacións das presentacións informativas son as seguintes:

Canero (Asturias), o martes 27 de febreiro ás 17 horas no Hotel Canero (N-634, km. 495,8).

Meira (Lugo), o mércores 28 de febreiro ás 17 horas en Casa Cazoleiro (Grañanova 5).

Santiago (A Coruña), o xoves 1 de marzo ás 17 horas no Hotel Congreso (Rúa das Mámoas de Montouto, Teo).

Zizurkil (Guipúzcoa, País Vasco), o martes 6 de marzo ás 15 horas en Fraisoro Eskola (Elbarrena Auzoa s/n).

– Antequera (Andalucía), o martes 20 de marzo ás 17 horas no Hotel Los Dólmenes (Carretera de Málaga, km. 9,3).

Cataluña (Barcelona e Girona) os días 24 e 25 de abril, en localizacións e horarios por confirmar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *