Seminario sobre “Custos de produción en vacún de leite” con destacados expertos do sector

Publicidade
Seminario sobre “Custos de produción en vacún de leite” con destacados expertos do sector

Modernas instalacións da Gandería Sar, en Touro.

Data inicio: 18/11/2016
Data fin: 18/11/2016
Lugar: Eps edificio cactus, Lugo, España

O vindeiro, venres, 18 de novembro, celébrase en Lugo un seminario sobre “Custos de produción en vacún de leite” con destacados expertos do sector tanto de Galicia como da Cornixa Cantábrica.

Esta xornada está organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, é de carácter gratuíto e está dirixida a todas as persoas interesadas no sector agrario. Coa colaboraciónde PROePLA, Grupo de investigación 1716 Proxectos e Planificación da Universidade de Santiago de Compostela. Celebrarase no Salón de Actos do Edificio Cactus USC-Lugo en horario de mañá e de tarde.

As persoas interesadas en asistir deberán presentar as solicitudes na Oficina Agraria Comarcal de Lugo ou na conserxería da Escola Politécnica, no Campus Universitario, antes das 14:00 horas do día 17 de novembro. Tamén a poden enviar por Fax ao 982-294937 ou por mail a oac.seca.lugo@xunta.gal Dado que o número de prazas é limitado a aceptación será por rigorosa orde de chegada da solicitude.

Programa do seminario:

9h – 14h Que están a facer as organizacións de produtores?

• AGACA – María Rey Campos. Responsable de calidade e innovación alimentaria.
• OS IRMANDIÑOS S. Coop. G. – Rubén García Paz. Responsable de xestión técnicoeconómica de explotacións.
• SERAGRO – Gonzalo Gómez Grobas. Área de xestión.
• CAP da Coruña – Juan Freire Quintán. Responsable de xestión técnico-económica de
explotacións.
• UNIÓNS AGRARIAS – Álvaro García Corral. Técnico.
• LIGAL – Roberto Lorenzana Fernández. Director xerente.

11:45h a 12:15h Descanso

12:15h a 14:00h Que se está a facer na Cornixa Cantábrica?

• CIAM Mabegondo – César Resch Zafra.
• USC – Francisco Sineiro García.
• UNIOVI – José Antonio Pérez Méndez e Antonio Álvarez Pinilla.
• CIFA – Ibán Vázquez González.

16h –19h Os novos elementos tecnolóxicos

• AFRICOR – Ramiro Fouz Dopacio. Xerente de Africor-Lugo.
• ALLTECH – Xan Rodríguez Diz. Coordinador técnico de rumiantes.

Cara onde innovar?
• Presentación dos GOI supra autonómicos – Roberto Lamas Pérez. Área de xestión e valorización de i+d+i/inv (Campus Terra)
• Debate e propostas

Descarga aquí a ficha de inscrición

Descarga aquí o programa do seminario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información