Segundas xornadas técnicas sobre a pataca o vindeiro martes na Limia

Abordarán cuestións como as resistencias aos herbicidas e o manexo integrado de malas herbas nos cereais de inverno, novas tecnoloxías de fertilización, o uso de drons para a aplicación de tratamentos fitosanitarios ou a correcta almacenaxe dos tubérculos

Nematodo-pataca-Jordi Recasens, catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agraria da Universidade de Lleida, e Fernando Alonso Arce, enxeñeiro agrónomo experto en pataca, serán os encargados de impartir o vindeiro martes 18 de febreiro a II Xornada Técnica Agrícola organizada pola empresa Fitoagraria na comarca da Limia.

En concreto, a actividade formativa terá lugar no restaurante Novaiño, ubicado en Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás, e comezará a partir das 10 da mañá coa ponencia de Marta Díaz, xestora de produtos sólidos de Fertiberia Tech, sobre novas tecnoloxías de fertilización na pataca. Tras ela, Pau Vinyes, de APE/S Spain, dará a coñecer a nova plataforma dixital de Basf-Xarvio.

Jordi Recasens abordará a problemática das resistencias aos herbicidas e o manexo integrado de malas herbas de cereais de inverno e Pablo Olveira explicará as técnicas de aplicación de tratamentos fitosanitarios mediante o uso de drons, do que haberá unha demostración en campo.

Pola tarde, a xornada pecharase coa intervención de Fernando Alonso, quen dará claves sobre o almacenamento da pataca.

As persoas interesadas deberán confirmar asistencia no teléfono 988462560 ou no email [email protected].

Programa completo:

programa XORNADAS TECNICAS AGRICOLAS Fotoagraria A Limia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información