Segue aumentando o consumo de carne nos fogares pero estáncase o de lácteos

Segue aumentando o consumo de carne nos fogares pero estáncase o de lácteos

A “Análise de consumo no fogar” do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación reflicte que as compras de produtos de alimentación, na terceira semana (23 ao 29 de marzo), a segunda completa de confinamento, tras a declaración do estado de alarma, experimentaron un moderado crecemento do 16,8 % con respecto á semana anterior e dun 17,6 % en relación á mesma semana de 2019.

Este incremento é xeneralizado para a maioría dos produtos, salvo para aqueles que se almacenaron nos fogares nas primeiras semanas de confinamento (legumes ou pastas alimenticias), que presentan un crecemento máis moderado.

A análise detalla un maior consumo de carne fresca no total da categoría, cun incremento do 29 % respecto da mesma semana do ano anterior. Neste grupo aumentou un 31 % o consumo de carne de ovino, sector que se viu especialmente afectado o peche de bares e restaurantes. Con todo, os maiores incrementos prodúcense no consumo de carne de porco, un 49% máis que a mesma semana de 2019, vacún, cun crecemento do 45%, e en menor medida, de polo, cunha subida do 30%.

O que moderou o seu incremento é o consumo de leite e derivados lácteos: soamente subiu un 6,4% na última semana de marzo, despois de dispararse as súas vendas un 49% na semana previa ao confinamento, sobre todo de leite en brick, que foi acumulando nos fogares, o que explica a estabilización do consumo.

En canto aos vexetais, despois dunhas semanas de estabilidade, nesta última semana intensificouse a compra de froitas (un 18,5 % superior á mesma semana de 2019) hortalizas e patacas, tanto frescas (+25,4 %) como transformadas (+26,15 %).

De igual forma, destacan o importantes crecemento na compra de fariña no tres últimas semanas, aínda que nesta última o incremento modérase (147 %, 196 % e 170 %, respectivamente). A pesar diso, non se detecta menor consumo de pan, cunha evolución positiva nesta última semana do 16 %.

Evolución volume semana 13 (23 ao 29 de marzo) 2020: 

CORONAVIRUS CONSUMO FOGARES MARZO 1

Os supermercados, os grandes beneficiados do confinamento

O conxunto das canles de compra alcanzan crecementos importantes nesta última semana (+17,6 %), en especial os supermercados e tendas tradicionais. Con todo, a tenda de desconto descende un 3,9 %.

Por zonas xeográficas, a zona Norte experimenta crecementos do consumo por encima da media nacional nesta semana. Destacan as comunidades autónomas de Navarra, País Vasco e Asturias.

Na área mediterránea, Baleares e Murcia son as comunidades que máis incrementan o seu consumo. Estremadura, que foi a comunidade que rexistrou o maior incremento no consumo durante a primeira semana de confinamento, contén as súas compras. Mintas, Canarias presenta crecementos constantes que roldan o 30 % cada semana.

Evolución volume de compras semana 13 (23 ao 29 de marzo) 2020: 

CORONAVIRUS CONSUMO FOGARES MARZO 2

Evolución volume de compras semana 13 (23 ao 29 de marzo) 2020 por Comunidades Autónomas: 

CORONAVIRUS CONSUMO FOGARES MARZO 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información