Sarria exalta esta fin de semana os produtos do agro na Mostra Gandeira de San Isidro Labrador

Sarria exalta esta fin de semana os produtos do agro na Mostra Gandeira de San Isidro Labrador

O concello de Sarria exalta este fin de semana os produtos do agro na XXIX Mostra Gandeira de San Isidro Labrador.

Poxa de gando Frisón, exposición e concurso de gando de Rubia Galega, mostra de artesanía ou espectáculo ecuestre son só algunhas do amplo programa de actividades para o sábado e o domingo.

Sábado 13 de maio 2017
11:30 – Inauguración.
12:00 – Poxa de gando Frisón (AFRICOR)
17:00 – Exhibición de aves de cetrería.
18:30- Exhibición canina (Agility)
20:30 – Degustación de chourizos e iscos, acompañada polo grupo musical Dúo Camelia.

Domingo 14 de maio 2017
10:00 – Inauguración.
10:30 – Exposición de gando de raza Rubia Galega (Acruga)
11:00 – Recepción de autoridades no Consistorio.
12:00 – Misa seguida de procesión dende Santa Marina ata o mercado de gando.
16:30 – Concurso gando de raza Rubia Galega (Acruga).
18:30 – Sorteo de dúas xatas.
19:00 – Espectáculo ecuestre.

Apoio da Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación de Lugo destinará a Sarria, no marco do Plan Único, 500.000 euros do Orzamento de 2017. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Feira de San Isidro. Ademais, o organismo provincial cederá dúas xatas da Granxa Gayoso Castro, que serán sorteadas durante a xornada do domingo.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, subliñou ete xoves durante a presentación do programa da feira que “unha das prioridades do Goberno da Deputación é o impulso do medio rural, por iso contribuímos a organizar este tipo de iniciativas coas que poñer en valor un dos motores económicos da nosa provincia como é o sector primario. Concello e Deputación propuxémonos o pasado ano recuperar esta cita, que xa é tradición en Sarria, e que nesta 29 edición non me cabe dúbida de que repetirá éxito, xa que está previsto que participen unha vintena de ganderías”.

Campos Conde lembrou ademais que o Goberno da Deputación vai a poñer en funcionamento en breve o primeiro Centro de Recría de ganado vacún público de España. De feito, recentemente organizouse unha comisión técnica que valorou as ofertas presentadas e na que saíu seleccionada unha entidade. O proceso atópase agora nun período de adxudicación inicial que se resolverá nos vindeiros meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información