San Petroni Branco, elixido mellor vermú de España pola guía Wine Up

St Petroni Vermú Branco de Vermutería de Galicia obtivo o primeiro posto cunha nota de cata de 91,62. Todos os vermús, viños e destilados foron catados en sistema cata cega sen superar as 60 mostras por sesión.

Publicidade
San Petroni Branco, elixido mellor vermú de España pola guía Wine Up

O Vermú Branco St. Petroni, elaborado por Vermutería de Galicia, cunha puntuación de 91,62, foi elixido como o mellor vermú de España pola guía de viños e destilados Wine Up.

A guía dixital Wine Up! 2017, dispoñible na web www.wineup.es en español e inglés, inclúe a valoración dun total de 1.267 viños e destilados, procedentes de 300 adegas de practicamente de todas as rexións produtoras de España. Todos os viños apuntados no libro superan os 85 puntos, cunha nota media de 90,14 puntos.

Estas valoracións foron realizadas por Joaquín Parra, director de Wine Up Consulting, e o seu equipo, a través do sistema de cata a cegas sen superar nunca as 60 mostras por sesión.

Os expertos destacaron matices únicos de St. Petroni Vermú Branco: “Dourado pálido, glicérico. En nariz intenso, con toques cítricos e florais, acompañados de herbas aromáticas, moi perfumado e sutil. En boca é untuoso, volvendo aos aromas florais, máis doce que amargo, bo final”.

Quizais o elemento máis diferenciado de St. Petroni Branco sexa o pemento de Herbón-Padrón, que é o encargado de equilibrar o dulzor característico deste tipo de vermús á vez que achega matices frescos herbáceos únicos no mundo.

Así mesmo, St Petroni Vermú Vermello de Vermutería de Galicia obtivo o terceiro posto cunha nota de cata de 91,38, do cal os expertos destacaron “caoba pálido con tons alaranxados, case vermellos. En nariz é intenso, con sutís toques florais e pel de laranxa e mandarina, caramelo ao final. En boca ten carácter, o amargor sen ser alto, vaise quedando para acompañar ao retrogusto que volve co recordo de peles de cítricos, herbas aromáticas e flores secas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información