A Ruta do Viño Rías Baixas superou a barreira dos 100.000 visitantes en 2016

Supón un 15% máis que en 2015. O presidente, Juan Gil de Araujo, e a xerente, Lorena Varela, presentan publicamente as contas desta asociación sen ánimo de lucro

Publicidade
A Ruta do Viño Rías Baixas superou a barreira dos 100.000 visitantes en 2016

Lorena Varela e Juan Gil de Araújo

A Ruta do Viño Rías Baixas, integrante do Club de Produto das Rutas do Viño de España, superou en 2016 a barreira dos 100.000 visitantes. Este primeiro balance baseado nos datos do informe de ACEVIN (Asociación de Cidades Españolas do Viño) foi presentado este martes polo presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e pola xerente, Lorena Varela.

Na súa intervención, Gil de Araujo destacou que ?seguindo a tendencia dos últimos anos, alcanzamos un novo récord, superando por primeira vez, a barreira dos 100.000 visitantes á Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase, deste xeito, un incremento dun 14,91 por cento con respecto ao ano anterior no número de persoas que percorreron algunha das nosas adegas e museos do viño asociados?, engadiu. As máis de 100.000 visitas rexistradas durante 2016 supoñen máis de 70% de incremento no último lustro, e máis dun 31% con respecto a 2014.

Neste sentido, Gil de Araujo indicou que “os resultados son o froito non só dos esforzos realizados polo ente xestor da Ruta do Viño Rías Baixas, senón tamén dos seus asociados, aos que creo que se debe un recoñecemento público polo seu traballo e pola súa fe no proxecto”. E é que este itinerario enoturístico, pioneiro en Galicia, naceu, hai xa 21 anos, con vocación de servir como motor da economía do territorio no que se asenta.

Pola súa banda, Lorena Varela lembrou que Rías Baixas é o único itinerario enológico galego integrado nas Rutas do Viño de España e na Guía de Rutas Enolóxicas Accesibles para Todas as Persoas editada pola Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF). Uns fitos aos que se unen diversos recoñecementos e premios, como o recentemente recibido polo seu labor en prol da accesibilidade, que ratifican o bo facer desde a Ruta do Viño Rías Baixas.

Do mesmo xeito, Lorena Varela explicou brevemente a evolución das contas da Ruta do Viño Rías Baixas no últimos tres anos (de 2014 a 2016), roldando o orzamento os 100.000 euros. Indicou respecto diso que aproximadamente a metade dos ingresos desta asociación sen ánimo de lucro proceden das subvencións achegadas polas Administracións Públicas. Aínda que en 2016 recuperáronse parte das axudas, en 2015, estas víronse reducidas considerablemente polo que se tiveron que rebaixar os gastos correspondentes a este exercicio. En canto aos gastos, a metade destínanse a persoal e a funcionamento, mentres que máis do 40% céntrase na promoción deste destino enoturístico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información