Ruraltivity, un programa de asesoramento a mulleres emprendedoras no rural

A Federación de Mulleres Rurais (Fademur) desenvolve unha iniciativa de apoio a proxectos de autoemprego

Ruraltivity, un programa de asesoramento a mulleres emprendedoras no rural

Proxecto de agricultura ecolóxica e turismo que participa en Ruraltivity. / Imaxe: Fademur.

As mulleres que queiran emprender no rural teñen a posibilidade de recibir o apoio de Ruraltivity, un programa de asesoramento da Federación de Mulleres Rurais (Fademur Galicia). Trátase dunha iniciativa que ofrece asesoramento personalizado e formación presencial e online en proxectos de autoemprego e emprendemento social.

O programa traballa con emprendedoras que están en diferentes fases de desenvolvemento das súas ideas, desde unha fase inicial a persoas que xa puxeron en marcha os seus proxectos. Este último é o caso por exemplo de Rita Neira, que seguindo a tradición familiar montou unha minitenda de ultramarinos no lugar de Vistalegre, en Soutolongo (Lalín), onde oferta produtos de tempada, naturais e directamente recollidos da súa horta.

Outra beneficiaria é Sara Valcárcel (A Estrada), quen desenvolve un proxecto artístico chamado “Noaltodopoleiro”, no que retrata en papel e téxtil paisaxes galegos. Marta Isla, de As Ermidas (Ourense), puxo en marcha o seu proxecto “Ecoermis”, centrado en elaborar artesanalmente cosmética natural, con produtos 100% ecolóxicos e aceites esenciais de alta calidade.

Na última fase de desenvolvemento, atópanse tamén iniciativas como Lucecús (artesanía en feltro), Tres Caracoles (artesanía en coiro), Mamá Teresa (doces artesanais) ou Licores Os Maios (licores artesanais).

Pódese atopar máis información na web da iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información