A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Royal De Heus adquire Piensos Unzué e fortalece a súa posición no norte de España

Piensos Unzué posúe dous centros de produción en Navarra, cunha capacidade produtiva superior a 200.000 toneladas ao ano. Proporciona emprego directo a 39 persoas.

Royal De Heus adquire Piensos Unzué e fortalece a súa posición no norte de España

Royal De Heus anunciou este mércores o acordo alcanzado para a adquisición de Piensos Unzué, unha empresa líder no mercado dos pensos para ruminantes en Navarra, País Vasco e sur de Francia. Mediante esta compra De Heus reforza o seu liderado no sector dos pensos compostos a nivel internacional, fortalece a súa canle de distribución e expande o seu coñecemento, servizos e produtos á zona norte de España.

As dúas fábricas que Piensos Unzué posúe en Navarra, e que contan cunha capacidade produtiva superior ás 200.000 toneladas ao ano, uniranse aos outros nove centros de produción que De Heus xa ten en España e permitirán unha mellor cobertura do mercado de pensos compostos da Península Ibérica.

“A adquisición de Piensos Unzué enmárcase dentro do noso plan de investimentos e afianza o compromiso que De Heus mantén co mercado español en xeral e o norte peninsular en particular”, sinala José Manuel García, director xeral da compañía en España. “Este é un momento crucial na nosa política de crecemento e unha gran oportunidade para aproveitar e desenvolver as capacidades demostradas por Piensos Unzué”, destaca.

Ademais, este fito permitirá incorporar as marcas Unzué e Canun á carteira de produtos actual de De Heus. “Ambas referencias fortalecerán aínda máis nosa posición na rede de distribuidores, xa que son complementarias ás nosas emblemáticas marcas de penso Biona e Pasaranda”.

José Manuel García destaca tamén “a nosa intención é incorporar en Piensos Unzué os mesmos valores e procedementos que inspiran o traballo diario en De Heus. Somos conscientes de que o capital humano é un dos activos máis valiosos dunha empresa. Por iso, confiamos plenamente nas persoas que integran agora mesmo a empresa e apostamos por manter a totalidade do persoal, incluíndo ao equipo directivo”.

Royal De Heus

Royal De Heus é unha empresa familiar multinacional. Fundada en 1911, a compañía medrou ata converterse nun dos principais actores da industria de pensos compostos a nivel mundial. Con instalacións propias en Holanda, Vietnam, Brasil, Polonia, República Checa, Serbia, España, Portugal, Sudáfrica, Myanmar e India; e alianzas estratéxicas en Exipto, Etiopía, Rusia e China, alcanzamos unha posición de liderado a nivel mundial. Esforzámonos por contribuír activamente ao desenvolvemento e progreso da actividade agropecuaria en todos os mercados nos que estamos presentes.

Ademais, Royal De Heus opera en máis de 70 países mediante a exportación de concentrados e premezclas, principalmente a Europa do Leste, África, Medio Oriente e América do Sur. A compañía conta na actualidade con 4.500 empregados en todo o mundo. A súa sede atópase en Ede (Países Baixos).

Sobre Piensos Unzué

Pensos Unzué, con sede en Orkoien (Comunidade Foral de Navarra), e centros de produción na mesma localidade e en Lantz, é unha empresa familiar fundada no ano 1955 por D. Sebastián Unzué e dedicada á elaboración de produtos de alimentación para animais, comercialización e venda de materias primas, e outros insumos relacionados co mundo gandeiro. Na actualidade emprega a 39 persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *