Robert Parker dá 97 puntos, a máxima puntuación de Galicia, a un viño de Ribeira Sacra

Publicidade
Robert Parker dá 97 puntos, a máxima puntuación de Galicia, a un viño de Ribeira Sacra

Vendima na Ribeira Sacra

O pasado 30 de maio Luís Gutiérrez, o catador para España da publicación de Robert Parker, The Wine Advocate, visitou Ribeira Sacra para catar os viños acollidos á Denominación de Orixe e incluír os resultados na prestixiosa publicación norteamericana con repercusión a nivel mundial.

Neste sentido, destacan os 97 puntos que recibe Guímaro Capeliños Tinto 2014. Trátase dun coupage coa variedade Mencía como variedade principal (85%), completada con Caiño, Sousón, Garnacha e Brancellao. A uva procede de Finca Capeliños, unha leira propia con viñedos de practicamente 100 anos de idade plantados en socalcos sobre ladeiras cunha forte inclinación que chega ata o 50%, con solos de granito e lousa.

5 viños galegos distinguidos con 96 puntos

A lista dos viños que logran a máxima puntuación para The Wine Advocate complétase con outros cinco, todos eles da anada 2015, que acadan os 96 puntos. Trátase de “Forjas del Salnés Leirana Finca Genoveva” e “Forjas del Salnés Leirana Finca Genoveva Caíño”, ambos da DO Rías Baixas; “Sorte O Soro”, de Rafael Palacios, na D.O. Valdeorras, “El Pecado”, de Raúl Pérez, na D.O. Ribeira Sacra.

The Wine Advocate concede o máximo rango de puntuación, de 96 a 100 puntos, a “un viño sobresaliente de carácter profundo e complexo que mostra todos os atributos que se esperan dun viño clásico. Estes viños paga a pena buscalos, compralos e consumilos”, segundo Robert Parker.

É o terceiro ano que Luís Gutiérrez visita a D.O. Ribeira Sacra para catar os diferentes tipos de viños que se elaboran e ver a evolución que teñen.

As puntuacións adxudicadas este ano aos viños da D.O. Ribeira Sacra foron:

BODEGA

VINO

PUNTUACIÓN

ADEGA ALGUEIRA S.L.

ALGUEIRA MENCIA

89

ALGUEIRA ANADELIA BLANCO

93

ALGUEIRA CORTEZADA BLANCO

92

ALGUEIRA ESCALADA GODELLO

92

ALGUEIRA AMARAL CAIÑO

93+

ALGUEIRA RISCO MERENZAO

93

ALGUEIRA CASTAGAIA SOUSÓN

90

ALGUEIRA CARRAVEL TINTO BARRICA

93

ALGUIERA HOMENAJE MENCIA BARRICA

95

ALGUEIRA PIZARRA TINTO BARRICA

93+

ADEGA DOS TABOADA S.L.U.

FEDELLOS DO COUTO CONASBRANCAS BLANCO 2015

92

FEDELLOS DO COUTO CORTEZADA TINTO 2015

93+

FEDELLOS DO COUTO LOMBA DOS ARES TINTO 2015

93

ADEGA PONTE DA BOGA S.L.

A PONTE DA BOGA ALBARIÑO

90

G PONTE DA BOGA GODELLO

89

P PONTE DA BOGA MENCIA

88

BANCALES OLVIDADOS MENCIA

90

CAPRICHO 2015

90

EXPRESIÓN HISTÓRICA

89

P PONTE DA BOGA MENCIA 2015

89

PORTO DE LOBOS

88

CAPRICHO 2008

92

LICIS

91

ADEGAS MOURE S.A.

ABADIA DA COVA TINTO

88

ABADIA DA COVA BLANCO

86

ABADIA DA COVA BLANCO BARRICA

85

ABADIA DA COVA 1124

88

A ROSA DO VIÑO

90

ABADIA DA COVA TINTO BARRICA

89

ATRIUM VITIS S.L.

PACIO DE DONAS BLANCO

90

QUINTA TOUCEDO ALBARIÑO

91

QUINTA TOUCEDO TINTO BARRICA

88

QUINTA TOUCEDO MENCIA

89

CASA MOREIRAS S.L.

ADRÁS MENCIA

90

DOMINO DO BIBEI S.L.

LAPOLA BLANCO 2015

91+

DOMINIO DO BIBEI TINTO 2014

94

LACIMA TINTO 2013

92+

LALAMA TINTO 2013

93

LAPENA BLANCO 2012

92

ENVÍNATE S.L.

LOUSAS PARCELA CAMIÑO NOVO TINTO 2015

94+

LOUSAS PARCELA SEOANE TINTO 2015

93

LOUSAS VIÑA DE ALDEA

93+

KARMA DO SIL S.L.

CASTRO CANDAZ TINTO 2015

91

CASTRO CANDAZ A BOCA DO DEMO TINTO 2015

95

CASTRO CANDAZ FINCA EL CURVADO TINTO 2015

92+

PÉREZ RODRÍGUEZ, ÓSCAR

NAZ TINTO 2016

90

PUMAR RODRÍGUEZ, ROSA MARÍA

SAN MAMED TINTO 2015

87

VERTIXE TINTO 2015

91

SAN MAMED TRADICIÓN

90+

RODRÍGUEZ PÉREZ, PEDRO MANUEL

GUIMARO TINTO 2016

92

GUIMARO BLANCO 2016

92+

GUIMARO CEPAS VIEJAS BLANCO 2015

93

GUIMARO CAPELIÑOS TINTO 2015

95+

GUIMARO POMBEIRAS TINTO 2015

95

GUIMARO CAPELIÑOS TINTO 2014

97

GUIMARO MEIXEMAN TINTO 2014

94

GUIMARO POMBEIRAS TINTO 2014

94+

RONSEL DO SIL S.L.

OURIVE DONA BRANCA 2015

90

OURIVE GODELLO 2015

88

VEL’UVEYRA GODELLO 2015

88

VEL’UVEYRA MENCÍA 2015

89

ARPEGIO MENCIA 2014

89

TOLO DO XISTO S.L.

TOLO DO XISTO MENCIA 2015

88

Puntuacións de Robert Parker 2017 para os viños da Denominación de Orixe Ribeiro: 

RIBEIRO_PARKER_2017

O 7 de setembro, data de inicio oficial da vendima en Ribeira Sacra

O Pleno do Consello Regulador reunido este martes decidiu como data oficial recomendada para o inicio de vendima o próximo día 7 de setembro despois de valorar os controis de maduración que os técnicos do Consello Regulador realizaron en diferentes viñedos representativos das cinco subzonas que forman a Denominación de Orixe.

O Consello Regulador para realizar as tarefas de control de calidade en adegas e viñedos da Denominación de Orixe durante esta campaña, conta co reforzo de 12 técnicos (veedores); ademais do persoal fixo co que conta todo o ano, formado pola Directora Técnica e tres técnicos.

O pasado 19 de agosto comezaba a vendimar a primeira adega en Ribeira Sacra. Nesta campaña prevese que 93 adegas elaboren viño baixo o amparo da Denominación de Orixe, das que 31 adegas están a realizar tarefas de vendima nestes momentos e 2 adegas xa finalizaron a recollida de uva.

A día 3 de setembro os datos oficiais de recollida de uva por variedades son os seguintes:

Variedades tintas:

  • Mencía: 401.210 kgs

  • Brancellao: 2.324 kgs

  • Merenzao: 5.802 kgs

  • Caiño: 1.410 kgs

  • Garnacha: 10.364 kgs

  • Mouratón: 3.638 kgs

  • Souson: 4.550 kgs

  • Tempranillo: 2.690 kgs

Variedades brancas:

  • Albariño: 4.395 kgs

  • Dona Branca: 4.216 kgs

  • Godello: 51.192 kgs

  • Loureira: 480 kgs

  • Torrontés: 100 kgs

  • Treixadura: 866 kgs

Total de kilos recollidos:  493.237

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información