A DO Rías Baixas expándese no Val do Ulla

Grandes adegas como Altos de Torona ou Reitoral do Umia están a realizar plantacións nesta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, que desde 2008 multiplicou por 3 a uva producida

Publicidade
A DO Rías Baixas expándese no Val do Ulla

Plantación da adega Altos de Torona no concello de Boqueixón. Foto: Luis Vázquez Pena

A subzona do val do río Ulla está a acoller algunhas das plantacións de viñedo máis grandes da Denominación de Orixe Rías Baixas. Así, grandes adegas como Altos de Toroña ou Reitoral do Umia, pero tamén outras como Pazo de Ximonde, están a adquirir terreo e realizando plantacións de viñedo que só para este ano 2019 roldan as 100 hectáreas.

Desde maio do ano 2000, a subzona Ribeira do Ulla forma parte de Rías Baixas, abranguendo distintas parroquias dos municipios de Vedra, Padrón, Teo, Boqueixón, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. A evolución desde entón foi fulgurante: de 394.438 quilogramos de uva amparados no ano 2005 a 1.554.177 quilogramos na pasada vendima. E aínda que é certo que é unha cifra modesta dentro do conxunto d a Denominación de Orixe Rías Baixas -38 milones de quilos de uva na colleita 2018- sen embargo é a subzona que máis medra dentro da DO e con mellores previsións de expansión nos vindeiros anos. Proba delo é que triplicou a súa produción de uva desde 2008 mentres que no conxunto de Ría Baixas duplicouse no mesmo período.

Segundo os datos de 2018 na subzona Ribeira do Ulla están amparados 184,8 hectáreas de viñedo pola DO Rías Baixas, pero a previsión é que nos próximos 3 anos se duplique esta superficie. “Esta subzona tivo un crecemento sostido desde os seus comezos, con vocación produtiva cuxa uva se destina a adegas fundamentalmente do Salnés. Por suposto, aínda ten potencial de crecemento e a área acollida ten vocación de expansión”, destacan desde o Consello Regulador.

Antonio Muñoz (Reitoral do Umia): “Temos previsto plantar unas 100 hectáreas de viñedo nesta subzona”

Entre as grandes adegas que están a realizar plantacións están Altos de Torona, cunhas 50 hectáreas en Boqueixón, ou Reitoral do Umia que ten previsto plantar unhas 100 hectáreas no municipio de Vedra. “Aquirimos unhas 70 hectáras de terreo e o noso proxecto é chegar a 100 hectáreas plantadas nos próximos 4 ou 5 anos. Este ano plantamos 19 hectáras, todas da variedade albariño, e temos 15 hectáreas máis preparadas para plantar este inverno”, asegura Antonio Muñoz González, director técnico de Vinos y Bodegas Gallegas, grupo propietario de Reitoral do Umia.

¿E cales son as razóns que están a levar ás adegas a apostar por esta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas? “A uva das Ribeiras do Ulla ten unha maduración máis serodia e un equilibrio moi interesante entre alcol e acidez. Ademais, nesta subzona non hai xeadas tardías, os chans son profundos e arxilosos e, moi importante, os terreos teñen concentración parcelaria, co que é moito máis fácil negociar cos propietarios e realizar plantacións modernas e cunha superficie que resulte rendible”, recoñece Antonio Muñoz. Unha situación que non adoita darse no resto das subzonas da DO, onde o minifundio e a competencia cos usos urbanísticos do terreo encarece moito o prezo das parcelas.

Produción amparada na subzona Ribeira do Ulla (kg): 

SUBZONA

2005

2006

2007

2008

2009

RIBEIRA DO ULLA

394.438 kg

542.587

443.292

582.997

556.434

 

SUBZONA

2010

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018

RIBEIRA DO ULLA

1.072.899

1.441.773

690.323

1.217.077

781.427

1.160.856

1.159.138

1.310.548

1.554.177

Superficie amparada (hectáreas):

SUBZONA

2005

2006

2007

2008

2009

RIBEIRA DO ULLA

78.2

96.53

114.76

125.33

133.19

 

SUBZONA

2010

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018

RIBEIRA DO ULLA

143.88

158.35

164.5

164.5

162.1

168

167.9

177.3

184.8

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información