Resumo da xornada “Impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias”

Publicidade
Resumo da xornada  “Impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias”

O pasado día 3 de Decembro tivo lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, unha xornada baixo o tema : “Impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias”, dentro do programa de Transferencia Tecnolóxica 2019 que xestiona Agacal (Consellería de Medio Rural) e que foi organizado polo Area de Servizos Agrarios de Lugo.

Nela expuxéronse algunhas ferramentas imprescindibles para acceder á xestión electrónica como o DNI electrónico, Chave 365, certificado dixital, acceso a Sede Electrónica e a Notifica, todo iso desde a visión dos expedientes que se xeran nas explotacións agrarias , con persoalidade xurídica, e que interactúan con Servizos específicos da Consellería de Medio Rural, basicamente co de Explotacións Agrarias, aínda que os trámites son comúns a calquera outro departamento.

A xornada foi eminentemente práctica e exposta por persoal técnico de AMTEGA, tendo os agricultores ( cooperativas, Sats, novas..) a posibilidade de expor as súas dúbidas, tanto de carácter técnico como de problemática de operación futura. Como conclusión, poderíase concretar a necesidade de que a administración xeneralice este tipo de xornadas temáticas, con vistas a que o sector agrario poida acceder en igualdade de condicións á dixitalización.

Xornada sobre fórmulas societarias paras as explotacións agrogandeiras

Os días 4 e 5, abordouse o tema das fórmulas societarias aplicables a empresas agrarias. Como resumo, poderíase concluír que cada explotación debe avaliar pormenorizadamente cal é a súa réxime fiscal máis idóneo, a súa formula societaria actual e valorar posibles modificacións, tanto para a xestión diaria, como pensando na súa evolución futura e mesmo na súa disolución.

Un tema especial é o de novos agricultores, que deben constituír unha sociedade cunha perspectiva a longo prazo, cunha análise meditada e adecuada ao modelo de explotación e orientación produtiva previsto, con marxe de manobra para flexibilizar posibles variacións produtivas.

As amortizacións e a valoración fiscal do gando cobran enorme importancia nos resultados de beneficios das explotacións reais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información