Resultados finais do 38º Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2017

Resultados finais do 38º Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2017

Badiola Atwood Koketa, Vaca Gran Campioa Nacional

A gandería asturiana Badiola, S.L., foi un ano máis a triunfadora do Concurso Nacional CONAFE 2017 con Koketa, unha filla de Atwood x Damion, celebrado o día 30 de setembro, no Recinto Feiral de Asturias Luís Adaro de Xixón. Koketa foi a Vaca Gran Campioa Reserva do Nacional CONAFE´16.

O Concurso organizado por CONAFE coa colaboración da Asociación Frisoa Asturiana ASCOLAF, contou co patrocinio da Consellería de Desenvolvemento Rural e Recursos Naturais do Goberno do Principado de Asturias, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Central Leiteira Asturiana, Concello de Xixón, Cámara de Xixón, Caixa Rural de Xixón e Caixa Rural de Asturias.

No concurso participaron 134 animais de 41 ganderías das CC AA de Asturias, Cantabria, Cataluña, Galicia e Navarra.

Llera Mccutchen Brita (Mccutchen x Hvezda) da gandería Llera Her, SC, de Cantabria, foi elixida Vaca Gran Campioa Nacional (Reserva).

O Xuíz do Concurso, Jean-Baptiste Decheppe, Xuíz Internacional da Asociación Holstein Francesa (PRIM), elixiu como Gran Campioa Nacional de Xovencas a Celis Andrea Buleria Atwood (Atwood x Windbrook) propiedade da gandería Hnos. Celis Gutiérrez SC de Cantabria.

Outros premios destacados

-Tenreira Campioa: Manolero Cinderdoor Tere, de Gandería Manolero SC (Asturias)
-Tenreira Subcampioa: Campgran Vendetta Golddust, de Exp.Pec.Cove SL
El Campgran) (Cataluña)
-Xata Campioa: Celis Andrea Buleria Atwood, de Gandería Hnos. Celis Gutiérrez SC (Cantabria)
-Xata Subcampioa: Butz-Butler Atwood Brady ET, de Exp.Pec.Cove SL (El Campgran) (Cataluña)
-Vaca Nova Campioa: Llera Mccutchen Brita – Gandería Llera Her, SC (Cantabria)
-Vaca Nova Subcampioa: Marquet Kiona Explode – Gandería Cal Marquet (Cataluña)
-Vaca Intermedia Campioa: Badiola Airlift Kenda – Gandería Badiola S.L. (Asturias)
-Vaca Intermedia Subcampioa: Flora Bradnick Mahica ET, de Gandería Casa Flora SC (Asturias)
-Vaca Adulta Campioa: BADIOLA ATWOOD KOKETA – Gandería Badiola S.L. (Asturias)
-Vaca Adulta Subcampioa: LLERA LIBERTIY GLEN ,de Gandería Llera Her, SC, de Cantabria

-Mellor Autonomía: Asturias
-Segunda Mellor Autonomía: Cantabria
-Mellor Rabaño: CASA FLORA SC (ASTURIAS)
-Segundo Mellor Rabaño: Gran. Diplomada. Badiola S.L. (Asturias)
-Mellor Criador: CASA FLORA SC (ASTURIAS)
-Segundo Mellor Criador: Gran. Diplomada. Badiola S.L. (Asturias)

Mellores Manexadores do concurso

Mellor Manexador: Germán Fernández Muñoz (Cantabria)
Segundo Manejador: Javier Ranero (Cantabria)
Terceiro Manejador: Gregorio Branco (Asturias)

XVII Campionato Nacional de Manejadores

Categoría Senior
Campión: Guillermo Orfila Camps (Menorca)
Subcampioa: Cristina Truyol Llambias (Menorca)
Categoría Junior
Campión: Abel Carballo Pena (Galicia)
Subcampión: Jon Vivanco Hernaiz (Cantabria)
Categoría Infantil
Campioa: Elsa Planillo Navaro (Navarra)
Subcampión: Lorena Iglesia Vila (Galicia)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información