Resultados da I Poxa de Elite de Gando Frisón de Curtis

Resultados da I Poxa de Elite de Gando Frisón de Curtis

Numeroso público acudiu á poxa de Curtis.

A I Poxa de Elite de Gando Frisón de Curtis, que se celebrou este domingo ao mediodía no recinto feiral de Curtis, concluíu cun éxito en canto a vendas e afluencia de público.

Máis de 300 persoas déronse cita nesta primeira poxa de gando frisón de elite, na que se venderon os 12 animais que saíron a concurso (11 procedentes da gandería Sat A Campa e un de Alfa Holstein) a un prezo medio de 2.713 euros, IVE incluído. A poxa foi organizada por Embriomarket en colaboración co Concello de Curtis.

Os animais foron adquiridos por gandeiros ,principalmente da provincia da Coruña, pero tamén de Lugo e de Pontevedra, así como un de Asturias. O volume global das transaciones ascendeu a 32.560 euros.

Velaquí os resultados da poxa (sen IVE):

NOME PREZO SAÍDA PREZO FINAL COMPRADOR
CAMPA HIG OCTANE SPECIAL ROJA 1500 1700 A Coruña
CAMPA CH ATWOOD MEGATEA 3 ET 2000 3200 A Coruña
CAMPA BEEMER MAGATEA FIV ET 1600 2700 Pontevedra
CAMPA BEEMER ATLEE 1700 1800 A Coruña-Lugo
ALFA MACCUTCHEN ATEA FIV ET 1700 1700 A Coruña
CAMPA MCC VALIOSA 2500 3300 A Coruña
CAMPA JEDI ESPECIAL FIV ET 1600 2300 Lugo
CAMPA KGB SECRET 3 FIV ET 2200 3200 A Coruña
CAMPA JEDI GESPECIAL 1800 1800 Lugo
CAMPA ATWOOD 0042 2000 2000 A Coruña
CAMPA KOURNIKOVA 2 ET 2000 2300 Asturias
CAMPA STAR SPEC FIV 1 ROJA ET 1800 3600 Pontevedra-A Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información