Resultados da feira cabalar de Amio e do mercado vacún

O mercado gandeiro de Amio tivo esta semana dúas citas, pois ó tradicional mercado vacún dos mércores sumouse hoxe xoves a feira cabalar das festas da Ascensión. Esta última feira congregou 363 cabezas de gando cabalar (178 para vida e 185 para sacrificio), 38 de gando asnal, 14 de ovino maior e 8 de caprino.

As cotizacións dos cabalos e éguas para vida rexistraron unha media de 1.100 euros, en tanto o gando cabalar dirixido a sacrificio acadou uns valores medios de 650 euros. O gando asnal situouse nos 600 euros de cotización media, en tanto o ovino maior vendeuse a 70 euros e o caprino maior a 80 euros. Este documento resume o resultado da feira.

Mercado de gando vacún
O mercado vacún de Amio rexistrou onte mércores unha afluencia de 2.230 reses, 164 máis que a pasada semana. Houbo 1.718 cabezas de vacún menor (130 máis), 257 de vacún mediano (56 máis) e 247 de vacún grande (19 menos)

Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, acordouse a continuación das cotizacións da anterior sesión en todas as categorías e calidades de carne, en tanto na Mesa de Prezos de Gando de Abasto decidiuse unha suba de 5 euros en machos descostrados e lactantes de raza Frisona. O restante gando de recría, becerros de abasto e vacún maior repiten valores.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (9-V-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información