Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

Vacún maior hoxe en Amio.

continuidade de tódalas cotizacións da pasada semana. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin nos valores acordados na Mesa de Gando de Abasto (recría, vacún maior, becerros para sacrificio). De tódolos xeitos, percibiuse no mercado pesadez e lentitude na comercialización do vacún mediano.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.898 reses, 190 menos que a pasada semana. Houbo 1.526 cabezas de vacún menor (206 menos que na sesión anterior), 204 de vacún mediano (35 máis) e 168 de vacún grande (2 menos).

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (11-III-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información