Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da anterior sesión. Non houbo cambios nin na Mesa da IXP Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Abasto, na que recría, becerros e vacún maior continúan sen cambios. En vacún maior, non obstante, apréciase unha tendencia á baixa.

A asistencia de gando ó mercado foi esta semana de 2.226 reses, 46 máis que na anterior feira. Houbo 1.692 cabezas de vacún menor, 243 de vacún mediano e 272 de vacún grande.

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (31-V-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información