Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade das cotizacións da anterior sesión. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin nos valores marcados pola Mesa de Prezos de gando de abasto, que mantivo as cotizacións tanto para recría como para vacún maior e becerros de sacrificio.

A asistencia de gando ó mercado do mércores foi baixa, ó coincidir cun festivo estatal. Só entraron 432 reses, 224 de recría, 143 de vacún mediano e 52 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (15-VIII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información