Reforzo de persoal nas oficinas agrarias comarcais

Medio Rural contratará a 24 persoas, entre técnicos, administrativos e veterinarios

Publicidade
Reforzo de persoal nas oficinas agrarias comarcais

A Administración pretende reforzar a atención das oficinas agrarias.

A Consellería de Medio Rural ten previsto contratar a 24 persoas para as súas oficinas agrarias comarcais. A oferta centrarase en enxeñeiros técnicos agrícolas, en persoal administrativo e en veterinarios.

A Administración ten prevista a contratación de 6 veterinarios e de 18 persoas entre técnicos e administrativos, segundo avanzou a Consellería na última comisión de Agricultura do Parlamento.

O anuncio foi saudado como positivo pola oposición. O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, sostivo que na actualidade hai oficinas sen persoal técnico, só con persoal administrativo, polo que cre que as novas contratacións solventarán en parte as carencias de persoal que se viñan arrastrando.

Sánchez tamén aproveitou para cuestionar que o persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo se reducira nun terzo nos últimos anos, unha circunstancia que entende que repercute de xeito negativo no sector agrario.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información