Recuperación das cotizacións de Silleda

Recuperación das cotizacións de Silleda

Animais na poxa de Silleda. / Arquivo.

Os baixos prezos da lonxa da pasada semana, marcada pola baixa afluencia de gando e as festividades, recuperáronse na sesión deste martes, se ben os valores quedaron aínda por baixo das cotizacións de hai dúas semanas. En gando de recría, os prezos medios foron de 210 euros, polos 202 da pasada semana e os 219 de hai dúas semanas. En vacún maior, a media situouse en 823 euros, polos 679 da pasada semana e os 872 de hai dúas semanas; en tanto en becerros carniceiros logrouse un prezo medio idéntico ó da anterior sesión, 837 euros.

Por categorías, na recría, a recuperación de prezos notouse de xeito significativo no gando frisón, pero foi menor no cruce, onde a categoría con maior concurrencia, a de cruces machos de 21 a 50 días, rexistrou practicamente o mesmo valor que a pasada semana: 305 euros (+1 euro).

En vacún maior produciuse unha mellora significativa en relación á pasada semana (+144 euros), se ben cómpre precisar que a suba dos prezos medios debeuse a unha porcentaxe maior de gando con canais extra ou boa. As categorías O e P a penas remontaron algo máis de 10 euros en relación á anterior sesión, en tanto a R incluso recibiu peor cotización media que a pasada semana.

Nas mesas de prezos, igual que a pasada semana, non hai cambios. Porcino cebado, leitóns, galiñas e ovos manteñen tarifas, do mesmo xeito que o fai o coello na lonxa de Madrid.

resultados silleda 21

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información