Recomendan tratar contra a excoriose cando cesen as precipitacións

Publicidade
Recomendan tratar contra a excoriose cando cesen as precipitacións

Síntomas de excoriose. Foto: Estación do Areeiro

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosaniario sobre a excoriose e o pedroulo en viñedo.

En canto ao primeiro, lembran que se o tratamento fronte a excoriose recomendado a semana anterior realizouse cun funxicida de contacto; se ademais, como anuncian as previsións meteorolóxicas, prodúcense choivas a semana próxima e se despois diso a viña aínda atópase en estado fenolóxico D, haberá que renovar a intervención en canto cesen as precipitacións, xa que este inicio de campaña está a ser especialmente húmido e por tanto favorable ao fungo.

Pedroulo e outros curculiónidos

A pesar de que as condicións climáticas destas semanas non están a ser especialmente favorables ao desenvolvemento dos insectos, e de que as previsións anuncian choivas e temperaturas medias baixas para os próximos días, débese vixiar a posible aparición destes coleópteros alimentándose dos brotes en formación. En caso de atopar algún adulto, debe eliminarse mecanicamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información