Recomendan realizar os primeiros tratamentos fitosanitarios nas maceiras

Publicidade
Recomendan realizar os primeiros tratamentos fitosanitarios nas maceiras

Pulgón cincento en folla de maceira

A Consellería do Medio Rural recomenda no seu último boletín fitosanitario realizar os primeiros tratamentos fitosanitarios nas maceiras.

En concreto, en maceiras de sidra, que estean en estado fenolóxico igual ou inferior a C3, coa xema hinchada, recomendan aplicar un tratamento funxicida a base de cobre (recomendado en forma de óxido cuproso), que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse.

En variedades que de mazás de mesa que estean en “botón rosa” (E2), recoméndase aplicar un tratamento fitosanitario a base dun insecticida e un funxicida sistémico, posto que xa temos follas para recibir o caldo de tratamento. En calquera caso, recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

Incidencias fitopatolóxicas

Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)
Estamos en período crítico para o ataque deste pulgón, comezándose a ver os primeiros gromos afectados. O período crítico vai desde o callado do froito ata que ten o tamaño dunha avelá (25 mm). So é perxudicial en maceira. Cara finais de xuño aparecen as femias aladas, que migran á Correola (Plantago sp.) onde desenrola varias xeracións. Voltando a finais de outono a poñer os ovos na maceira. Existe unha correlación positiva entre maceiras con floración de cedo e o ataque deste pulgón, fronte ás de floración tardía, que sofren en menor medida este ataque.

Pulgón verde (Aphis pomi)
Sin incidencias.

Pulgón laníxero (Eriosoma lanigerum)
Comezan a verse novas colonias algodonosas que se alimentan chuchando o zume da codia leñosa ou herbácea de gromos e pólas. Estamos comezando o período crítico para a maceira, que vai de maio a agosto. As maceiras enxertadas nos patróns clonais MM (Malling Merton) son resistentes a esta praga.

Verme da mazá (Cydia pomonella)
Cydia pomonella é un lepidóptero cuxo verme fai galerías no interior do froito de maceiras e pereiras. Tamén ataca ás nogueiras, marmeleiros e albaricoqueiros. Lembrar que para que se produca o primeiro voo dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática. Os 400 grados/día acadáronse o día 7 de abril. No 2015 acadáronse o 23 de abril e no 2016, o 4 de maio.

Broca (Zeuzera pyrina)
Sin incidencias.

“Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)
Sin incidencias. É unha praga máis frecuente no centro e sur da península que en Galicia. Ten preferencia polas especies silvestres e cultivadas dos xéneros Prunus sp. e Crataegus sp., pero tamén pode atacar a maceiras e pereiras. Esta praga detectouse por primeira vez en Galicia no ano 2008.

Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)
Debemos de estar atentos a posibles incidencias desta praga. É un coleóptero cuxos danos presentan una densidade baixa pero, de xeito ocasional, incrementa a súa poboaciónorixinando danos nas flores. A presencia de flores secas e pechadas son síntomas do ataque desta praga. En ocasións, obsérvase o furado por onde saíu o adulto que se criou no interior da flor. Esta praga apareceu nas plantacións semi-abandonadas de maceiras de sidra da Estrada (Pontevedra) no mes de maio de 2016.

Moteado (Venturia inaequalis)
O moteado está causado por fungos do xénero Venturia. As infeccións prodúcense sempre que se dan condicións favorables para o fungo. As peritecas son as formas invernantes do moteado. Estas evolucionan e van formando ascosporas maduras, capaces de producir a infección primaria en combinación con condicións favorables á infección (humidade e temperatura) e un estado sensible da maceira. A partir do estado fenolóxico C3 (“orella de rato”) temos posibilidades de infección. Polo tanto, estamos nun periodo moi sensible e, sobre todo, se aparecen condicións de humidade favorable (periodos de chuvia prolongados e incluso orballos intensos).

Oidium (Podosphaera leucotricha)
Época de perigo relativo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información