Recomendan esfollar as viñas antes da vendima e non aplicar produtos fitosanitarios

Recomendacións do último boletín agrometeorolóxico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Publicidade
Recomendan esfollar as viñas antes da vendima e non aplicar produtos fitosanitarios

Vendimando na DO Valdeorras

D.O. Ribeiro

Estado fenolóxico

N – Maduración. A mesma situación, en xeral, en todas as variedades da denominación

Coidados culturais

Seguimos coas labores de esfollado sobre o acio, co fin de facilitar a aireación e ventilación dos acios e reducir o risco de Botrite. O eliminado das follas debe limitarse a aquelas próximas ós acios e a parte orientada ó norte co fin de evitar insolacións excesivas no acio que puidera asolalo. Esta operación tamén facilita as labores da vendima.

Tamén se pode facer un despunte e unha vendima en verde en plantacións novas con moita carga ou en viñedos con exceso de colleita para favorecer a maduración.

Incidencias fitopatolóxicas

O estado fitosanitario é bo. Non se detectaron síntomas de Mildeu, Oídio ou Black-rot. Tampouco se detectaron síntomas da presenza de Botrite.

As choivas rexistradas, aínda que escasas, foron moi boas para as vides xa que non incrementaron a incidencia de enfermidades fúnxicas pero sí foron moi positivas para as uvas e as vides, con gran necesidade de auga durante esta campaña.

Recomendacións

A día de hoxe xa non se deberían dar mais tratamentos, pois hai que ter en conta os prazos de seguridade dos produtos fitosanitarios. Recoméndase vixiar os viñedos para ver como evolucionan e se existe ou non síntomas de Botrite, que é a que pode afectar aínda aos viñedos, sobre todo debido á inestabilidade que se deu nos días pasados e á que se pronostica para os próximos días.

D.O. Monterrei

Estado fenolóxico:

N – Maduración. O mesmo estado nas 3 variedades mais representativas da denominación

Coidados culturais

Estanse a levar a cabo as labores preparatorias e o acondicionamento de instalacións e utensilios para a vendima. Mantemento do solo libre de malas herbas e corredores en perfectas condicións para os traballos na vendima.

Lévanse a cabo controis da madurez practicamente a diario para decidir o momento óptimo do corte. Fundamentalmente mídese o grao alcohólico, acidez e ph.

Incidencias fitopatolóxicas

O estado sanitario que presentan os cultivos é bo. Non hai incidencias destacables de Mildeu, Roia ou acariose. Aparecen casos illados de Oídio.

En canto a Botrite, pódese dar un maior risco debido ó aumento da humidade relativa e das temperaturas mínimas nocturnas.

Recomendacións:

Non facer máis aplicacións de fitosanitarios, salvo casos excepcionais, tendo en conta as previsións meteorolóxicas. Se fose necesario realizar aplicacións débense ter en conta os prazos de seguridade dos produtos aplicados, xa que a época de recolección encóntrase próxima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información