Recomendan deixar de podar mentres chova e retirar a froita podre das árbores

Publicidade
Publicidade
Recomendan deixar de podar mentres chova e retirar a froita podre das árbores

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda parar a poda tanto do viñedo como das froiteiras mentres se manteña o tempo húmido e chuvioso, debido ao maior risco de contaxio de patóxenos a través dos cortes de poda.

Desde finais do mes de decembro (concretamente desde o día de Nadal na maioría das zonas) as precipitacións están sendo constantes. “Por este motivo, e aínda que algunhas previsións meteorolóxicas anuncian unha melloría relativa do tempo para algúns dos próximos días, non son recomendables as podas desde o punto de vista da sanidade das plantas, xa que con esta humidade é de esperar un elevado inóculo de patóxenos”, explican dende Areeiro.

Retirar a froita podre das árbores

Si será moi conveniente nos días que veñen retirar froita podre de cítricos (das árbores e do solo), evitar na medida do posible charcas no solo arredor das árbores ou, tan pronto como o tempo se estabilice con certas garantías, realizar unha aplicación de cobre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información