Recomendacións da Evega sobre os tratamentos na viña tras a saraiba

O departamento técnico de viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), ven de publicar unhas recomendacións técnicas ante o episodio de saraiba acaecida o 27 de agosto, e que afectou a zonas de viñedo da provincia de Ourense.

Publicidade
Recomendacións da Evega sobre os tratamentos na viña tras a saraiba

Acio afectado pola saraiba no Ribeiro.

O departamento técnico de viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), ven de publicar unhas recomendacións técnicas ante o episodio de saraiba acaecida o 27 de agosto, e que afectou a zonas de viñedo da provincia de Ourense.

Dende un punto de vista xeral, a Evega lembra que os danos da sarabia nos acios cursan coa aparición de  roturas e magulladuras dos bagos, de maior ou menor intensidade segundo o tamaño e a duración da sarabia. Os danos colaterais que se producen nesta situación poden ser dende podremias, oxidacións ata outras alteracións prexudiciais.

Ante esta situación, nas parcelas en que a vendima se ía a producir de forma inmediata, “só cabe realizala o antes posible, xa que é moi previsible que os danos aumenten considerablemente co paso dos días”, aseguran os técnicos da Evega.

Ademais, lembran que “deberase seleccionar a uva san e desbotar aquela que presente danos”.

Recomendan aplicar antibotrítico nas parcelas con segundas brotacións

En canto ás parcelas que teñan colleita procedente das segundas brotacións primaverais, por mor dos danos producidos polas xeadas acaecidas durante o mes de abril en moitos viñedos, a Sección de Viticultura da Evega lembra que “están aínda en prazo de poder aplicar un fitosanitario antibotrítico”.

Neste sentido, subliñan que “os produtos de máis interese son os que teñan un menor prazo de seguridade dende o intre de aplicación ata o momento da colleita”. Nesta situación cabe destacar o preparado a base de Eugeniol 3,3% + Geraniol 6,6% + Timol 6,6% [CS] P/V con 7 días de prazo de seguridade.

“Os demais antibotríticos rexistrados teñen prazos de seguridade de 14, 21 ou máis días, e elixirase sempre o fitosanitario en función do prazo de seguridade e da eficacia esperada”, conclúen.

A Sección de Viticultura da Evega está integrada por Emilia Díaz Losada, María Graña Caneiro e Juan Carlos Rodríguez Abalos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información