Recollida de sinaturas en Change.org en apoio aos produtores de coello

Recollida de sinaturas en Change.org en apoio aos produtores de coello

Manifestación dos produtores de coello en Madrid o pasado venres

Os produtores de coello, que nos últimos meses veñen protestando ante uns prezos que cualifican de ruinosos, iniciaron unha campaña de recollida de firmas por internet en apoio ás súas demandas.

En concreto, a Plataforma de Vítimas da Cunicultura, Conacun, e os sindicatos COAG, UPA e ASAJA, iniciaron unha campaña de recollida de apoios na plataforma Change.org para que o Goberno interveña e regule un mercado da carne de coello en España que consideran “está manipulado e leva á ruína aos cunicultores”.

En concreto, denuncian que a Lonxa de Madrid, a referencia de prezos para todo o territorio, “está manipulada por Hermi, o principal matadoiro de coellos de España”. Así, advirten de que mentres que nos países consumidores de Europa, os prezos seguen a corrente da oferta e a demanda, chegando en 2015,  a 2,46 € o quilo en vivo en países veciños, “na lonxa de Madrid, nunca se superaron os 1,85€ o quilo”, e nestes momentos están nos 1,40 euros por quilo, por baixo dos custos de produción, estimados en 1,80 euros por quilo.

Piden o peche da Lonxa de Madrid e que a referencia pase a ser Moncun

Ante esta situación, os cunicultores piden “a disolución da Lonxa de Madrid, polo convencemento de que foi utilizada para beneficios privados e que o prezo do coello reflíctase noutra Lonxa como pode ser MONCUN, a cal está recoñecida e reúne todos os pormenores esixibles, sendo sucesora da reputada Lonxa de Bellpuig”.

Ademais, piden á Administración un plan de incentivación do peche das explotacións sen viabilidade e tamén a posibilidade da xubilación anticipada. Ademais, demandan que non se dean subvencións para novas explotacións, que redundan nun maior afogamento do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información