Reábrese o periodo para facer queimas agrícolas e forestais

A Consellería de Medio Rural suspendera os permisos o 19 de marzo polas condicións meteorolóxicas

Reábrese o periodo para facer queimas agrícolas e forestais

O periodo de queimas pechárase o 19 de marzo.

Desde mañá 16 de abril poderase solicitar de novo permiso para facer queimas. A realización de queimas quedara prohibida a partir do 19 de marzo debido ás condicións desfavorables de temperatura e vento. Medio Rural decidiu reabrir de novo o periodo de queimas en vista do cambio de condicións.

Para tramitar as solicitudes e comunicacións de queimas, os interesados poden dirixirse ó teléfono 012, do centro de atención ós cidadáns da Xunta de Galicia. Para as queimas agrícolas, é suficiente coa comunicación previa, sempre cumprindo coa normativa de aplicación; en tanto para as queimas forestais é precisa unha autorización. En calquera caso, Medio Rural lembra que as comunicacións e autorizacións deixan de ter validez en caso de días con vento e altas temperaturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información