Que se está facendo na gandería española para reducir os antibióticos?

O aumento de bacterias resistentes a antimicrobianos obriga ao sector gandeiro a limitar o seu uso. Analizamos os avances en España, coincidindo coa semana mundial dedicada a este problema

Que se está facendo na gandería española para reducir os antibióticos?

O Plan de Resistencia a Antibióticos impulsou en España a creación de acordos sectoriais e voluntarios de redución de uso de antimicrobianos na gandería. Na Semana mundial dedicada a reducir a utilización de antibióticos, analizamos os avances en España no sector cunícola e porcino.

Sector cunícola, obxectivo dunha redución do 30%
O sector cunícola elaborou o Acordo para a Redución Voluntaria do Consumo de Antibióticos en Coello, que se resume nos seguintes puntos:

1. O obxectivo principal do acordo é reducir o consumo de antibióticos por tramos, coa meta de reducir un 30 % do consumo no período máximo de dous anos.

2. A estratexia para alcanzar este obxectivo terá unha duración prevista de 2 anos, do 01/07/2017 ao 01/07/2019.

3. Os veterinarios especializados en cunicultura que voluntariamente se adhiran ao Acordo asinarán unha declaración de adhesión de carácter público.

4. Os datos achegados polos veterinarios especializados en cunicultura adheridos ao Acordo terán carácter privado e publicaranse única e exclusivamente de forma agregada e garantindo o cumprimento da Lei de Protección de Datos.

Para alcanzar estes obxectivos, promoveron a creación dun grupo cooperativo de traballo chamado IDCURA, a través do que buscar solucións innovadoras que permitan reducir o uso de antibióticos en cunicultura, eliminando o consumo daqueles considerados críticos para o medicamento humano, pero mantendo o benestar dos animais e o rendemento das explotacións.

O proxecto que defende o grupo operativo IDCURA trata de ofrecerlle ao criador de coellos alternativas que lle permitan manter a taxa de mortalidade das súas explotacións cunha redución significativa do uso de antibióticos. As conclusións deste grupo, financiado polo FEADER e co apoio da AEMPS e o Ministerio, serán publicadas á súa finalización.

Imaxe promocional do Plan contra as Resistencias ós Antibióticos.

Imaxe promocional do Plan contra as Resistencias ós Antibióticos.

Porcino
No ano 2016 reuníronse representantes da administración, asociacións profesionais e empresas produtoras de porcino para elaborar un plan que cumprise cos niveis máximos propostos pola Axencia Europea do Medicamento de 5 mg/PCU para 2019. Como resultado desta reunión asinouse o Acordo para a redución voluntaria do consumo de colistina en porcino, cuxos obxectivos foron a redución deste antibiótico, así como o control do consumo doutros antibióticos alternativos como a Apramicina ou a Neomicina.

Reducción do uso do antibiótico colistina en España.

Reducción do uso do antibiótico colistina en España.

O programa de adhesión voluntaria logrou reunir a 44 empresas que comercializan o 70% da carne de porco no noso país. Os resultados foron presentados en setembro do 2017 cunha redución drástica deste antibiótico, así como a mellora dos programas sanitarios.

O modelo sueco de uso responsable de antibióticos

O modelo sueco de uso responsable de antibióticos demostrou un gran éxito dos programas de control baseados no consenso e no diálogo. Foron pioneiros e demostraron que é posible reducir nunha boa parte o consumo de antibióticos na cabana gandeira.

O modelo sueco baséase en 5 puntos:

-Eliminar o uso innecesario.
-Minimizar as necesidades de antibióticos.
-Evitar propagación de enfermidades.
-Optimizar o seu uso (cando é necesario).
-Monitorizar o uso de antibióticos e as resistencias.

Reducción da venda de antibióticos para uso animal en Suecia.

Reducción da venda de antibióticos para uso animal en Suecia.

Estas medidas, que maximizan o benestar animal e a prevención de enfermidades, lograron reducir en dous terzos o seu pico histórico de consumo desde os anos 80.

Recomendacións á gandaría no Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos

Esta semana celébrase a semana mundial de concienciación sobre uso de antibóticos para sensibilizar á poboación sobre a problemática das bacterias resistentes e adoptar prácticas óptimas para evitar a proliferación destas resistencias.

O Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos lanzou unha campaña nos medios que baixo a lema “Antibióticos: tómaos en serio” pretende concienciar á poboación sobre a aparición de bacterias resistentes debido ao mal uso destas sustancias.

Na campaña inclúese material enfocado á gandaría e lémbraselle aos profesionais as cuestións a ter en conta antes de recetar ou administrar un antibiótico:

1) Dispor dun programa sanitario elaborado en conxunto co veterinario de explotación.
2) Vixilancia do estado sanitario dos animais.
3) Detección de animais enfermos.
4) Diagnóstico.
5) Tratamento e monitorización.

Lista de recomendacións para a gandería.

Lista de recomendacións para a gandería.


Fontes:
– http://www.resistenciaantibioticos.es/es
– http://idcura.es/
– The Swedish take on responsible antibiotic use . Ylva Persson: https://www.youtube.com/watch?v=Z4P-PSpcrEE&feature=youtu.be

* VetPrevention

Vet Prevention é unha plataforma en redes sociais para a divulgación de contidos sobre prevención en mediciña veterinaria. https://bit.ly/2QJus0x

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información