Que facer na horta en maio?

É un mes de gran actividade no que se concentra a plantación dos cultivos de verán e empezan a aparecer os primeiros problemas de mildeu e oídio.

Publicidade
Que facer na horta en maio?

O mes de maio é un mes de máis luz e calor que, combinadas coa humidade das últimas choivas, fará que os nosos cultivos medren con forza. Tamén medrarán abundantemente as herbas polo que as sachas e aporcados ou aconchegados serán frecuentes.

Labores máis frecuentes:  

  • É o momento de realizar os semilleiros para os cultivos que queiramos transplantar no verán, como repolos, leitugas ou remolacha de mesa. Regarémolas cando sexa preciso xa que son moi sensibles á deshidratación nos días de calor. 

  • Maio é tamén o mes máis axeitado en moitas zonas de Galicia para a sementeira do millo. A plantación de millo doce para autoconsumo é unha alternativa interesante, máxime cando se trata dun cultivo que se da moi ben no noso país.

  • É o momento de transplantar no exterior os grandes cultivos no verán: tomateiras, pementos, berenxenas, leitugas, acelgas…. 

  • Tamén estamos no mes idóneo para plantar directamente de semente tanto cenouras como xudías e todo tipo de cucurbitáceas: cabaciña, cogombro, cabaza, melóns, sandías…etc. 

  • O calor e a humidade farán que empecen a proliferar fungos como o mildeu. Para combatelo é recomendable facer tratamentos con caldo bordelés –cobre- cada dez días. Patacas e vide son os cultivos máis sensibles a este fungo, e polo tanto debemos estar vixiantes e facer os tratamentos periódicos para frealo.

  • Outro fungo, o oídio, tamén se propagará coas condicións favorables que vai ter (humidade e calor). Un tratamento a base de xofre é o máis recomendable para combatelo, sobre todo en cultivos como o allo.

 
Bo traballo! 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información