Ata o 31 de Maio pódese contratar a nova póliza 401 de seguros agrarios para vacún, que inclúe, entre outras novidades, o seguro por perda da calidade do leite ou por redución da fertilidade.
Dende Ugoca, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, destacan que “a nova liña dá maior marxe ao gandeiro á hora de elixir a cobertura, cunha garantía básica de contratación obrigatoria, e unha serie de garantías adicionais que pode contratar individualmente”.
Ademais, recomendan contratar a póliza antes do 31 de Maio, xa que a partir desa data prevese un incremento dos seguros agrogandeiros pola diminución da porcentaxe de axudas de Enesa.
¿Que cubre a garantía básica do seguro?
As principais coberturas do bloque básico son: o saneamento básico, febre aftosa, EEB, ataque de animais, riscos climáticos, entre os que se destacamos incendios, aplastamento por derrubo da instalación e asolagamento, e por último a morte masiva e a perda de produción por morte masiva, que cubre a morte de forma simultánea de varias reprodutoras provocada por un mesmo evento e nun corto período de tempo.
Dende Ucoga non recomendamos en absoluto contratar exclusivamente este bloque de garantías, como mínimo xunto con estas garantías debe contratarse sempre o saneamento extra que explicaremos máis abaixo.
¿Cales son as coberturas adicionais que se poden contratar?
Dentro das coberturas adicionais dende UCOGA destacamos as seguintes.
1)Accidentes individuais.
Cúbrese a morte ou sacrificio necesario principalmente por traumatismos músculo esqueléticos, viscerais ou no aparello circulatorio; afogamento, obstrución esofáxica e intoxicación aguda.
En vacún de leite están excluídos os accidentes nos 7 días seguintes ao parto.
2) Cobertura de parto e cirurxía.
En función dos días que pasen dende o parto podemos atopar diferentes coberturas:
-Nos 7 días seguintes ao parto, cúbrese o parto distócico; hemorraxia no parto ou post-parto, hipocalcemia aguda e traumatismos.
Ademais, para os asegurados con bonificación, tamén cubre a morte da nai de menos de 72 meses de idade, calquera que sexa a causa.
-Nos 10 días seguintes ao parto. Cúbrese a cesárea e o prolapso de matriz.
-Nos 20 días seguintes ao parto. Cúbrese o prolapso de vaxina.
Unha parte moi importante dentro da garantía son os gastos veterinarios. Abónanse contra factura 90 euros en caso de intervención por prolapso de matriz e de 175 euros para operación de cesárea.
3) Morte de crías.
Cúbrese a morte das crías calquera que sea a causa, desde o momento do parto ata 30 días despois.
Unha das principais limitacións desta garantía é que aos asegurados con recargo establéceselles un límite de crías indemnizadas do 9% de reprodutores. Esta é unha das limitacións que para o novo plan se elimina, de forma que a partir do 1 de Xuño do 2017 calquera asegurado con recargo non poderá acceder a esta cobertura.
4) Diminución da prolificidade.
Cubre a diminución da prolificidade maior ao 15% respecto á obtida nos 12 meses anteriores.
Esta garantía só está pensada para vacún de carne.
5) Mamite.
-Réxime lácteo. Cubre mamites clínicas, infecciosas, con perda irreversible da función láctea nun ou máis cuarteróns. Tamén cubre a morte do animal por mamite hiperaguda.
-Réxime cárnico. Cobre a morte por mamite hiperaguda ou o sacrificio da vaca por incapacidade de manter á cría polas secuelas derivadas dunha mamite.
7) Perda da calidade do leite.
Cóbrese a perda da calidade da leite ocasionada por un incremento do RCS e presenza de aflatoxinas ou inhibidores.
-En relación ao incremento do RCS mensual destacar que a valoración é en euros por toneladas producidas ao mes.
-En canto á presenza de inhibidores, cúbrese un máximo dunha vez no período de garantías. Cubriría a destrución do leite do tanque; o valor do leite destruído, cun custo de ata 0,24 euros por kilogramos e a penalización económica á gandería por parte da industria láctea, cunha indemnización de ata 4 céntimos por ilo producido ao mes, ou 40 euros por tonelada.
-Aflatoxinas. Cúbrese un máximo dunha semana. Contempla a indemnización por destrución do leite do tanque e o custo da destrución, con ata 24 céntimos por kilo.
8) Outras garantías que se cobren:
-Enfermidades. Entre as que destacamos a morte ou sacrificio por úlceras de abomaso (cuajar). Resaltar tamén que dentro desta cobertura a parte de abonar un importe por a morte do animal por cuajar, Agroseguro abona tamén contra factura a intervención cirúrxica de corrección da torsión dou desprazamento de abomaso, con un importe máximo de 150€.
-Síndrome respiratorio bovino (SRB). Cóbrense os animais non produtivos que padezan signos de pneumonías, cando lles produza a morte ou un estado tal que requira o sacrificio.
-Meteorismo agudo. Cubre a morte por acumulación de gas de forma repentina nos dous primeiros compartimentos do estómago do rumiante.
-Carbunco
-Morte súbita: cúbrese a morte repentina dun animal. Para poder contratar esta garantía é necesario que o asegurado sea bonificado, teña a cobertura de enfermidades contratada e a de accidentes e /ou partos.