Publicadas as fichas informativas e o caché do SIGPAC para solicitar a PAC 2020

Publicadas as fichas informativas e o caché do SIGPAC para solicitar a PAC 2020

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar as fichas de información das capas do SIGPAC e tamén o caché para poder solicitar as axudas da PAC desta campaña.

En canto ás primeiras, e como axuda á presentación das solicitudes de axuda por superficie da Política Agrícola Común (PAC), cuxo período de captura comeza este sábado 1 de febreiro, publícase a descrición detallada das capas do SIGPAC que se poden consultar a través do Visor e do servizo WMS desde este venres.

Consulta aquí toda a información para consultar as fichas informativas do SIGPAC.

En canto á caché, tamén desde o pasado venres pódese consultar, a través do Visor e do servizo WMS do SIGPAC nacional, a caché de campaña 2020 en base á cal se deberán declarar as superficies no contexto da Solicitude Única de Axudas da Política Agrícola Común, cuxo período de captura tamén comezou este sábado.

Consulta aquí toda a información para consultar a caché do SIGPAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información