Publicada a lista de beneficiarios das axudas para paliar os danos dos lumes

Un total de 76 persoas ou entidades percibirán unha media de 5.600 euros para repoñer equipamentos e infraestruturas danados polos incendios forestais do pasado verán

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170227/AnuncioG0426-170217-0006_gl.pdf

Prazo:

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o listado de beneficiarios das axudas convocadas polos danos dos lumes do pasado verán. Hai en total 76 persoas ou entidades beneficiarias, que recibirán unhas achegas que oscilan entre 160 euros e 15.000, cunha media de 5.600 euros.

A orde de axudas orientouse a compensar as perdas causadas polos incendios e a facilitar a reparación ou reposición de infraestruturas e equipamentos. Tiñan cabida aspectos como balados, maquinaria ou gastos relacionados coa morte de gando, perda de colmeas e alimentación suplementaria para os animais. Tamén os gastos relacionados co tratamento de madeira.

A Consellería do Medio Rural destaca que as subvencións para particulares complementan ós preto de 6 millóns de euros que asegura ter investido directamente en montes veciñais de toda Galicia nos traballos de recuperación dos lumes.

En concreto, Medio Rural sinala que traballou en 19 concellos galegos (Chantada, Navia, Baralla, Cervantes, Entrimo, Lobios, Muiños, Monterrei, A Veiga, Melón, San Cristovo de Cea, Lobeira, Porto do Son, Arbo, As Neves, Pontesampaio, Soutomaior, Redondela e Cotobade) a través de dúas encomendas de xestión que levaron a cabo Tragsa e Seaga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información